Mundo
A República Federal Alemá destina 550 millóns de euros a cursos de alemán para refuxiados
O Goberno da República Federal Alemá dobrou o orzamento que destinará a cursos de alemán para refuxiados. Esta partida orzamentaria axudará os refuxiados a aprender a lingua e obter os certificados que precisan para traballar.
Fonte: Ft
A reforma dunha lei permitirá a introdución das linguas indíxenas de México nos programas de radio e televisión
A reforma do artigo 230 da Lei Federal de Telecomunicacións permitirá que se poidan utilizar as linguas indíxenas de México nos programas de radio e televisión.
Fonte: El Universal
A lingua elfdaliana xa ten código internacional ISO
A lingua elfdaliana, falada en Suecia por 3000 persoas, xa ten asignado un código ISO. Esta medida representa un primeiro paso para o seu recoñecemento internacional como lingua per se.
Fonte: The Local
O Goberno dos EUA investirá no ensino do portugués na Universidade de Xeorxia
O Programa de Educación e Seguranza Nacional do Departamento de Defensa dos EUA atribuíu unha bolsa de case 3 millóns de euros ao programa de ensino de portugués da Universidade de Xeorxia.
A RTP e a TVG asinan un acordo de colaboración nunha serie de ficción en galego-portugués
A Radio e Televisión de Portugal (RTP) e a Corporación Radio e Televisión de Galicia (CRTVG) asinaron un acordo no Porto para traballar xuntas na primeira coprodución de ficción. A serie levará o nome de Vidago Palace e, aínda que terá como lingua principal o portugués, contará tamén con actores e actrices que falen galego.
Fonte: Notícias ao Minuto
A Oficina do Censo dos Estados Unidos traducirá cuestionarios ao árabe
A Oficina do Censo dos Estados Unidos de América comezará a ofrecer cuestionarios e formularios censuais en árabe dado o forte incremento que experimentou o uso desta lingua no país americano.
Fonte: Breitbart
O primeiro ministro de Xamaica quere que o español se converta na segunda lingua oficial do país
Nun encontro co presidente cubano Raúl Castro, o primeiro ministro de Xamaica, Andrew Holness, manifestouse conforme a declarar o español segunda lingua oficial do país caribeño.
Fonte: Jamaica Observer
A Academia das Ciencias de Lisboa está a traballar nun novo vocabulario dixital
A Academia das Ciencias de Lisboa está a traballar nunha nova versión dixital do Vocabulario Ortográfico da Lingua Portuguesa. Esta nova base de datos será de acceso totalmente gratuíto.
Un informe revela que a compañía aérea Air Canada segue sen cumprir a lei sobre bilingüismo
O comisario de Linguas Oficiais do Canadá, Graham Fraser, declarou que a compañía aérea Air Canada continúa sen cumprir a lei que rexe o uso das dúas linguas oficiais do Canadá: o francés e o inglés.
Fonte: Ottawa Citizen
A maioría dos municipios do País de Gales non cumpre a lei que obriga a impartir en galés actividades de lecer
Un estudo realizado pola agrupación a prol da lingua galesa Cymdeithas yr Iaith Gymraeg revela que a maior parte dos municipios do País de Gales incumpre a súa obriga de ofrecer actividades deportivas e de lecer en galés.
Fonte: LocalGov
Boletín
Subscríbase ao boletín