Mundo
Unha sondaxe mostra diferentes opinións sobre o exame de luxemburgués para acadar a nacionalidade luxemburguesa
Unha sondaxe realizada en Luxemburgo mostrou diferentes opinións sobre o exame de luxemburgués que se está a realizar a persoas que queiran optar á nacionalidade luxemburguesa. Para os luxemburgueses o exame é demasiado fácil mentres que os entrevistados estranxeiros consideran que o nivel da proba é demasiado alto.
Fonte: Wort.lu
Paraguai asina un acordo para salvar a lingua guaná
O Goberno de Paraguai asinou un acordo co lingüista estadounidense Nicolás Gynan para facer labores de documentación que permitan salvar a lingua guaná, falada actualmente só por catro anciás.
Fonte: Terra
A Oficina Pública da Lingua Occitana crea un premio sobre a innovación lingüística en occitano
A Oficina Pública da Lingua Occitana lanzou o Premio Jan Moreu co fin de premiar proxectos que traten o tema da transmisión e utilización do occitano.
Fonte: Jornalet
Unha manifestación defenderá o ensino do occitano en Provenza
A agrupación Iniciativa por Occitania convocou unha manifestación para defender o ensino do occitano en Provenza. O próximo curso académico suprimiranse os cursos desta lingua en institutos e escolas.
Fonte: Nationalia
Unha proposta de lei podería introducir o ensino da lingua sarda nas escolas de Sardeña
A comisión de cultura do Consello Rexional de Sardeña está elaborando unha proposta de lei que pretende introducir o ensino da lingua e literatura sardas en todos os niveis de ensino.
Fonte: Orizzonte Scuola
Cidadáns indíxenas do Perú denuncian que non poden utilizar os seus idiomas para acceder aos servizos públicos
O director de linguas indíxenas do Ministerio de Cultura do Perú declarou que nos últimos anos desapareceron no país andino 37 idiomas orixinarios. Moitos indíxenas denuncian a día de hoxe a imposibilidade de vivir nas súas linguas.
Fonte: Crónica Viva
Os portugueses mostran pouco interese pola lingua portuguesa que se oferta nunha escola de Luxemburgo
Unha nova escola pública abrirá as súas portas en Differdange (Luxemburgo) coa posibilidade de impartir lingua portuguesa. Ata agora os pais do alumnado non manifestaron demasiado interese en que os seus fillos aprendan este idioma.
Fonte: Dnoticias.pt
Unha conferencia organizada no Parlamento Europeo analizará a discriminación de dereitos lingüísticos dos galegofalantes
O Europarlamento acollerá a conferencia co título "Respecto polos dereitos lingüísticos? As discriminacións lingüísticas na Unión Europea", organizada por grupos parlamentarios da Alianza Libre Europea, Os Verdes e a Esquerda Unida Europea en colaboración coa Rede Europea para a Igualdade das Linguas (ELEN). Este encontro contará coa participación d'A Mesa pola Normalización Lingüística que exporá o informe do servizo "Liña do Galego".
Fonte: Sermos Galiza
As universidades toman a iniciativa no ensino de linguas estranxeiras no Reino Unido
As universidades británicas están comezando a ofrecer cursos de nivel inicial de linguas estranxeiras como o francés, o alemán e o español para contrarrestar o declive no ensino destes idiomas en secundaria.
Fonte: The Guardian
Miranda do Douro quere promover a colaboración con Asturias en materia lingüística
O presidente da cámara municipal de Miranda do Douro, Artur Nunes, mostrouse disposto a colaborar co Principado de Asturias no ámbito da investigación lingüística, xa que os idiomas mirandés e asturiano teñen aspectos comúns.
Fonte: RTP
Boletín
Subscríbase ao boletín