Mundo

A axencia de noticias chinesa Xinhua lanza un portal en lingua portuguesa

O lanzamento deste portal en portugués por parte da axencia de noticias oficial Xinhua responde ao desexo de fomentar as relacións entre China e os países de lingua portuguesa.

Fonte: Observatório da Língua Portuguesa

Xa é posible utilizar Facebook en lingua hausa

O hausa é a lingua máis falada no oeste de África e a súa inclusión nesta rede social responde á vontade de Facebook de chegar a Nixeria, o país africano máis poboado.

Fonte: Le Point

A lingua kiliwa corre o risco de desaparecer

Malia que na práctica hai quen a considera unha lingua morta, o certo é que aínda existen persoas en Baixa California (México) que a falan.

Fonte: RT

O persa avanza no intento de converterse nunha das linguas científicas internacionais

A base de datos SCOPUS sitúa o persa como un dos idiomas científicos a nivel internacional, xa que en 2015 ascendeu dous postos respecto a 2014 e colocouse en décimo quinto lugar no mundo.

Fonte: ParsToday

Malia o seu status de lingua oficial dos Xogos Olímpicos, o francés apenas se está a utilizar nos de Río

O francés estase a empregar moi pouco na edición das olimpíadas deste ano en Río, malia que é, xunto co inglés, unha das linguas oficiais dos Xogos Olímpicos.

Fonte: Le Figaro

Denuncian que os candidatos a xuíces de Canadá non teñen a obriga de saber falar francés

Os candidatos deben ser “efectivamente bilingües”, o que significa que teñen que comprender francés a nivel oral e escrito sen necesidade de intérprete, pero non se require que saiban expresarse tamén nesta lingua.

Fonte: ICI

En 2017 haberá inspeccións en Bolivia para verificar que os funcionarios públicos saben algún idioma nativo

Soamente o 10,8 % dos funcionarios bolivianos sabe un idioma nativo, malia de que o prazo para que o aprendan finalizou hai un ano.

Fonte: La Razón

Investigadores estadounidenses analizan os cambios do quechua

Un grupo de investigadores estadounidense está a estudar a situación do quechua na poboación ecuatoriana de Salasaka. A través da realización de entrevistas analizan aspectos como a súa vitalidade e vixencia ou a convivencia co español.

Fonte: El Comercio

A Secretaría de Educación do Estado de São Paulo promoverá o ensino do xaponés nas escolas

Grazas á sinatura dun protocolo coa Fundación Xapón, fomentarase o ensino e a aprendizaxe da lingua xaponesa nas escolas do estado e a formación do profesorado.

Fonte: Secretaria da Educação do Estado de São Paulo

Segundo unha enquisa, o 76 % da poboación do departamento francés de Pireneos Orientais está a favor do bilingüismo nas escolas

A enquisa foi realizada entre un total de 1700 persoas representativas da poboación e achega diversas conclusións sobre o emprego e o coñecemento do catalán na zona.

Fonte: La Vanguardia

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder