Mundo
Auguran un incremento do ensino do portugués en China
Unha docente da Universidade de Estudos Internacionais de Xangai augurou que o ensino da lingua portuguesa seguirá crecendo en China.
Fonte: Ponto Final
A aprendizaxe da lingua inglesa colle forza en Cuba
Ante a mellora das relacións políticas entre Cuba e os Estados Unidos, as últimas tendencias mostran que a sociedade cubana considera cada vez máis necesario aprender e perfeccionar a lingua inglesa.
Fonte: Business Insider
Francia acolle a maior parte dos estudantes de francés do mundo
Un informe mostra que só un de cada dez estudantes de francés do mundo decide aprender a lingua de Molière en Canadá. Pola contra, Francia acolle o 83 % dos estudantes, mentres que Suíza e Bélxica reciben un 5 e un 3 %, respectivamente.
Fonte: The PIE News
Unha proposta pretende cambiar a constitución do Canadá para garantir a supervivencia das linguas indíxenas
Unha docente da Universidade de Winnipeg quere propor cambios na sección 35 da constitución do Canadá que garantan o dereito dos pobos indíxenas a recibir educación e servizos públicos nas súas linguas.
Fonte: CBC News
O Goberno de Macau quere apoiar as institucións de ensino superior na promoción do portugués
O Goberno de Macau quere financiar proxectos de ensino superior que promovan o portugués. Entre as iniciativas saliéntase a publicación de obras académicas e a elaboración de material didáctico.
Os funcionarios do Parlamento de Guinea Ecuatorial aprenderán portugués
Unha representante do Senado de Guinea Ecuatorial aclarou que os parlamentarios do país africano recibirán clases de portugués, sobre todo aqueles que traballen en postos de contacto coa CPLP (Comunidade de Países de Lingua Portuguesa).
Unha nova lexislación en Alemaña obrigará os refuxiados a aprender alemán
A coalición de goberno de conservadores e socialdemócratas de Alemaña aprobou novas leis que obrigarán os refuxiados que cheguen ao país a aprender alemán.
Fonte: UPI
Nova Zelandia aproba unha nova lei para revitalizar a lingua maorí
Nova Zelandia acaba de aprobar unha nova lei que garantirá a revitalización da lingua maorí a nivel local. Este novo documento oficial substituirá a lexislación anterior de 1987.
Fonte: Newshub
Unha nova lei lingüística regulamentará os rótulos dos establecementos comerciais no Quebec
O Goberno do Quebec está a punto de aprobar unha nova lexislación que permitirá ás grandes superficies empregar exclusivamente nomes en inglés na súa rotulación comercial.
Fonte: CBC
Cúmprense sete anos da publicación da Palabra do Día no dicionario en liña Priberam
Un equipo de lingüistas leva sete anos publicando a sección "Palabra do Día" no dicionario en liña da lingua portuguesa Priberam.
Fonte: SapoTek
Boletín
Subscríbase ao boletín