Mundo

Só unha ínfima parte dos funcionarios públicos de Bolivia ten coñecementos nunha lingua indíxena

Menos dun 5 % do funcionariado de Bolivia ten coñecementos básicos nunha lingua indíxena, anunciou o Goberno boliviano.

Fonte: Página Siete

Varias agrupacións a favor de diferentes linguas apostan pola permanencia do Reino Unido na UE

Varias agrupacións de apoio a linguas do Reino Unido e Irlanda asinaron unha carta na que alertan das consecuencias negativas que podería ter para estas linguas a ruptura de Gran Bretaña coa Unión Europea.

Fonte: Stornaway Gazette

A provincia italiana de Udine aproba axudas para a promoción da lingua friulana

A provincia de Udine, no norte de Italia, aprobou unha partida orzamentaria de 17 000 euros para a realización de actividades de promoción da lingua friulana.

Fonte: Udine 20

Unha boa parte das linguas que se falan na cidade de Nova York están ameazadas

Segundo unha investigación realizada pola ONG neoiorquina Endangered Language Alliance, unha boa parte das aproximadamente 800 linguas que se falan na cidade de Nova York están en risco de desaparición.

Fonte: New York Times

Un proxecto de biblioteca electrónica inclúe máis de 3000 libros en portugués

O proxecto de biblioteca electrónica Bibliotrônica Portuguesa da Facultade de Letras da Universidade de Lisboa inclúe máis de 3000 libros en portugués europeo que poden ser consultados gratuitamente.

Fonte: Notícias ao Minuto

Poxarase o primeiro dicionario da lingua portuguesa

O primeiro dicionario da lingua portuguesa, editado en 1712, será poxado en São Paulo xunto a importantes obras da literatura brasileira.

Fonte: SRZD

Investigadores europeos mostran a evolución da fala dialectal no Reino Unido

Un grupo de investigadores dunha universidade británica e dúas suízas mostraron a distribución e evolución das falas dialectais do Reino Unido por medio de datos extraídos dunha aplicación móbil.

Fonte: PSFK

O inglés podería deixar de ser lingua oficial da Unión Europea

Unha vez analizados os resultados do referendo do Reino Unido, dous políticos franceses de diferente ideoloxía manifestáronse a favor de que o inglés deixe de ser lingua oficial das institucións europeas.

Fonte: RTP

A Universidade Federal de Río Grande do Sur quere transformar un dialecto xermánico en lingua

Un grupo de investigadores da Universidade Federal de Río Grande do Sur (Brasil) está facendo traballos de documentación para transformar o dialecto de orixe xermánica hunsriqueano en lingua brasileira de emigración.

Fonte: Pioneiro

Escocia quere liderar a provisión de servizos de interpretación en lingua de signos

Escocia está facendo esforzos para incrementar e liderar internacionalmente a provisión de servizos en lingua de signos, tal como demostra a nova oferta educativa de ensino superior da Universidade de Heriot-Watt en Edimburgo. Actualmente este centro de ensino ofrece un grao, un mestrado e un doutoramento en diferentes variedades desta lingua.

Fonte: Herald Scotland

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder