Mundo
Retransmítese en televisión o primeiro anuncio publicitario en lingua córnica
A empresa de xeados Kelly's emitirá en dúas canles de televisión británicas o primeiro anuncio publicitario en lingua córnica.
Fonte: The Guardian
Guinea Ecuatorial apoiarase en Angola para o ensino da lingua portuguesa
O embaixador de Guinea Ecuatorial en Luanda, José Akeny, pediu apoio a Angola para o ensino e implantación do portugués no país.
Fonte: Sapo
Algúns organismos públicos de Gales opóñense ás novas normas sobre a lingua galesa
A nova lexislación sobre a lingua galesa que aprobou a Asemblea do País de Gales está atopando unha forte oposición por parte dalgunhas entidades públicas. Segundo as novas normas, os servizos que ofrezan as entidades locais deben estar tanto en inglés como en galés.
Fonte: BBC
Presentan un dicionario bilingüe español-mapuche
Unha asociación arxentina presentou un dicionario bilingüe español-mapuche co que espera difundir e revitalizar este idioma orixinario na provincia de Bos Aires.
Fuente: Terra
A Universidade de Luxemburgo lanza un proxecto para reforzar o portugués nas familias
O baixo nivel de portugués que teñen moitos nenos e nenas de familias portuguesas en Luxemburgo pode dificultar a aprendizaxe das linguas oficiais como o luxemburgués ou o francés. Esta situación levou á Universidade de Luxemburgo a lanzar un proxecto para incentivar a lingua portuguesa no ambiente familiar.
Fonte: Wort.lu
Unha sondaxe mostra diferentes opinións sobre o exame de luxemburgués para acadar a nacionalidade luxemburguesa
Unha sondaxe realizada en Luxemburgo mostrou diferentes opinións sobre o exame de luxemburgués que se está a realizar a persoas que queiran optar á nacionalidade luxemburguesa. Para os luxemburgueses o exame é demasiado fácil mentres que os entrevistados estranxeiros consideran que o nivel da proba é demasiado alto.
Fonte: Wort.lu
Paraguai asina un acordo para salvar a lingua guaná
O Goberno de Paraguai asinou un acordo co lingüista estadounidense Nicolás Gynan para facer labores de documentación que permitan salvar a lingua guaná, falada actualmente só por catro anciás.
Fonte: Terra
A Oficina Pública da Lingua Occitana crea un premio sobre a innovación lingüística en occitano
A Oficina Pública da Lingua Occitana lanzou o Premio Jan Moreu co fin de premiar proxectos que traten o tema da transmisión e utilización do occitano.
Fonte: Jornalet
Unha manifestación defenderá o ensino do occitano en Provenza
A agrupación Iniciativa por Occitania convocou unha manifestación para defender o ensino do occitano en Provenza. O próximo curso académico suprimiranse os cursos desta lingua en institutos e escolas.
Fonte: Nationalia
Unha proposta de lei podería introducir o ensino da lingua sarda nas escolas de Sardeña
A comisión de cultura do Consello Rexional de Sardeña está elaborando unha proposta de lei que pretende introducir o ensino da lingua e literatura sardas en todos os niveis de ensino.
Fonte: Orizzonte Scuola
Boletín
Subscríbase ao boletín