Mundo

Reclaman en Alxeria a oficialización efectiva da lingua bérber

Diversas cidades de Cabilia, no norte de Alxeria, acolleron mobilizacións que demandaron unha oficialización efectiva da lingua bérber ou tamazight no país norteafricano.

Fonte: Nationalia

A embaixada de Portugal en Timor Leste organiza a semana da lingua portuguesa en Dili

Os servizos culturais da embaixada de Portugal en Timor Leste organizan a semana da lingua portuguesa en Dili que acollerá, entre outras, actividades relacionadas co cinema, a literatura e a música.

Fonte: Notícias ao Minuto

As facturas emitidas en territorios fronteirizos da UE non poderán estar nunha soa lingua

Segundo establece unha resolución do Tribunal de Xustiza da Unión Europea, as facturas emitidas en territorios fronteirizos onde se falen varias linguas non poderán estar exclusivamente nun só idioma.

Fonte: El Economista

Macau aspira a converterse en referente na formación do portugués en Asia

O xefe do Goberno de Macau, Fernando Chui Sai On, declarou que a ex-colonia portuguesa quere converterse en centro de formación de portugués na rexión de Asia-Pacífico.

Fonte: Sapo 24

Un informe revela que case dous millóns de cidadáns dos Países Baixos non dominan a lingua neerlandesa

Un informe elaborado por unha oficina dependente do Goberno dos Países Baixos revelou que case dous millóns de residentes deste país europeo non dominan a lingua neerlandesa o suficiente para aprobar un exame oficial deste idioma.

Fonte: Dutch News

O Parlamento de Portugal interésase pola situación da lingua galega

A secretaria xeral da Mesa pola Normalización Lingüística, Susana Méndez, presentou os problemas que sofre a lingua galega no Parlamento da República Portuguesa. Na súa intervención, tratou ademais a recepción do sinal da Radio e Televisión de Portugal en Galicia.

Fonte: Sermos Galiza

O presidente de Timor Leste móstrase favorable ao ensino do portugués e o tetún

Con motivo dunha visita a unha escola en Dili, o presidente de Timor Leste, Taur Matan Ruak, mostrouse favorable ao ensino do portugués e o tetún no sistema educativo.

Fonte: Notícias ao Minuto

Unha editorial escocesa incrementará a súa produción de libros en gaélico para satisfacer a crecente demanda de fóra de Escocia

A casa editorial escocesa Acair abrirá a súa produción de libro en gaélico a outros mercados de fóra de Escocia, dada a forte demanda que a literatura escrita en gaélico está experimentando en países como Canadá, EUA, Australia e Nova Zelandia.

Fonte: The Press and Journal

Unha organización a prol do galés protesta contra o proxecto de converter o inglés na lingua oficial de Anglesey

Activistas da organización galesa Cymdeithas yr Iaith Gymraeg declararon que a lingua galesa está ameazada na illa de Anglesey pola suposta aprobación dunha nova norma que pretende declarar o inglés lingua oficial de todo o municipio.

Fonte: Wales Online

Un estudo revela cal é a lingua máis falada no lugar de traballo en Luxemburgo

Un estudo elaborado pola Universidade de Luxemburgo para o Instituto Nacional de Estatística (STATEC) revelou que, no lugar de traballo, o francés é a lingua máis empregada, seguido do luxemburgués e o alemán. O luxemburgués xa é a primeira lingua máis usada nos fogares e nas escolas.

Fonte: Luxemburger Wort

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder