Mundo
Nace a Asociación de Estudos de Lingua Portuguesa de Asia
A Universidade de Macau organiza unha conferencia sobre o ensino e a aprendizaxe da lingua portuguesa onde está prevista a creación da Asociación de Estudos de Lingua Portuguesa de Asia.
Fonte: Sapo24
Un estudo revela que o árabe se está convertendo na segunda lingua materna máis falada en Suecia
Un lingüista da Universidade de Estocolmo realizou un estudo no que se mostra que o árabe está superando o finlandés en número de falantes e está a piques de se converter na segunda lingua materna máis falada do país despois do sueco.
Fonte: Washington Post
Rexeitan que o Acordo Ortográfico da Lingua Portuguesa fose un fracaso
O lingüista Malaca Casteleiro, un dos principais impulsores do Acordo Ortográfico da Lingua Portuguesa, restoulle importancia á demora na aplicación da norma e defendeu que isto non implica ningún fracaso.
Fonte: Diário de Notícias
Un seminario debate en Guimarães a proxección internacional da lingua portuguesa
O Centro Internacional das Artes da cidade de Guimarães acolle un seminario da Comunidade de Países de Lingua Portuguesa (CPLP) que debate a proxección internacional do portugués.
Fonte: Guimarães Digital
A Universidade de Coímbra e o Instituto Politécnico de Macau crean un mestrado para futuros docentes de portugués
A Universidade de Coímbra creará, xunto co Instituto Politécnico de Macau, un mestrado nunha institución de ensino superior chinesa que formará futuros docentes de portugués como lingua estranxeira.
Fonte: Revista Port
Auguran un incremento do ensino do portugués en China
Unha docente da Universidade de Estudos Internacionais de Xangai augurou que o ensino da lingua portuguesa seguirá crecendo en China.
Fonte: Ponto Final
A aprendizaxe da lingua inglesa colle forza en Cuba
Ante a mellora das relacións políticas entre Cuba e os Estados Unidos, as últimas tendencias mostran que a sociedade cubana considera cada vez máis necesario aprender e perfeccionar a lingua inglesa.
Fonte: Business Insider
Francia acolle a maior parte dos estudantes de francés do mundo
Un informe mostra que só un de cada dez estudantes de francés do mundo decide aprender a lingua de Molière en Canadá. Pola contra, Francia acolle o 83 % dos estudantes, mentres que Suíza e Bélxica reciben un 5 e un 3 %, respectivamente.
Fonte: The PIE News
Unha proposta pretende cambiar a constitución do Canadá para garantir a supervivencia das linguas indíxenas
Unha docente da Universidade de Winnipeg quere propor cambios na sección 35 da constitución do Canadá que garantan o dereito dos pobos indíxenas a recibir educación e servizos públicos nas súas linguas.
Fonte: CBC News
O Goberno de Macau quere apoiar as institucións de ensino superior na promoción do portugués
O Goberno de Macau quere financiar proxectos de ensino superior que promovan o portugués. Entre as iniciativas saliéntase a publicación de obras académicas e a elaboración de material didáctico.
Boletín
Subscríbase ao boletín