Mundo
Macau aprobará axudas para que o alumnado universitario perfeccione as linguas estranxeiras
O secretario de Asuntos Sociais e Cultura do Goberno de Macau aprobará un programa de axudas a estudantes universitarios para que perfeccionen as súas habilidades en linguas estranxeiras.
Fonte: Ponto final
O Goberno de Vietnam introducirá a aprendizaxe do xaponés no ensino público
O Goberno de Vietnam introducirá a aprendizaxe do xaponés como primeira lingua estranxeira no ensino público do país. Polo momento, só tres escolas de educación primaria da cidade de Hanoi aplicarán a iniciativa no curso 2016-2017.
Fonte: Le Courier du Vietnam
A ferramenta de tradución de Skype incorpora a lingua árabe
A ferramenta de tradución de Skype poderá traducir agora conversas en tempo real en lingua árabe. Con esta nova actualización, xa son oito os idiomas empregados por este servizo en liña.
Fonte: Forexinfo
Un estudo científico demostra que algúns paxaros comunican do mesmo xeito que os seres humanos
Un estudo científico revelou que unha especie de paxaro do Xapón (Parus minor) é capaz de empregar regras sintácticas ao se comunicar con outros membros da súa especie.
Fonte: UPI
A maioría das palabras empregadas para nomear a fauna e flora do Brasil procede de linguas indíxenas
Unha investigadora da Universidade de Pittsburgh afirma que arredor do 80 % das palabras que nomean a fauna e flora do Brasil procede das linguas indíxenas, sobre todo do idioma tupí.
Fonte: Portal Amazônia
Inaugúrase en Berna a Semana da Francofonía
O Departamento de Asuntos Estranxeiros de Suíza inaugurou en Berna unha nova edición da Semana da Francofonía que conmemora a creación da primeira asociación francófona do mundo na Convención de Niamey de 1970.
Fonte: 24 heures
Lanzan unha aplicación que recolle emisoras de radio en gaélico irlandés
A radiotelevisión pública irlandesa lanzou unha aplicación que recolle todas as emisoras de radio que emiten en lingua irlandesa.
Fonte: AD World
Preséntanse os resultados da enquisa de usos lingüísticos na Cataluña do Norte
A directora xeral de Política Lingüística da Generalitat de Cataluña e o director da Casa da Generalitat en Perpiñán presentaron os resultados da enquisa de usos lingüísticos na Cataluña do Norte (Francia). Este estudo mide os coñecementos da poboación en cinco linguas: catalán, francés, inglés, español e occitano.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Conclúe en Dublín a carreira popular a favor do gaélico irlandés
Conclúe en Dublín a carreira popular a favor do gaélico irlandés despois de percorrer 2600 quilómetros por toda a illa de Irlanda en once días.
Fonte: Nationalia
Os estranxeiros que queiran obter a nacionalidade portuguesa poden inscribirse para realizar a proba de portugués
O Instituto de Avaliación Educativa coordinará a proba de coñecemento de portugués que deberán realizar os estranxeiros que desexen obter a nacionalidade portuguesa.
Fonte: Notícias ao Minuto
Boletín
Subscríbase ao boletín