Mundo
Unha investigadora da Universidade de Edimburgo anima a aproveitar os beneficios que comporta aprender linguas minorizadas
Unha investigadora da Universidade de Edimburgo asegura que aprender linguas menos comúns ou minorizadas non só evita a súa extinción senón que ademais comporta beneficios cognitivos para o ser humano.
Fonte: The Guardian
Un proxecto permitirá que os nenos dunha cidade suíza aprendan as linguas oficiais antes de comezaren a educación preescolar
A cidade suíza de Bienne quere pór en marcha un proxecto que lles permita aos nenos e nenas que non falen alemán nin francés aprender estas linguas antes de comezaren a educación preescolar.
Fonte: Tribune de Genève
Unha compañía aérea marroquí contratará persoal de fala tamazight
A compañía aérea marroquí Air Arabia anunciou que contratará membros de persoal de cabina que falen tamazight, lingua oficial no país norteafricano mais cun status inferior ao árabe.
Fonte: Amazigh24
Celébrase o Día Internacional da Lingua Materna
O 21 de febreiro celébrase o Día Internacional da Lingua Materna, proclamado pola Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (Unesco) co obxectivo de promover a diversidade lingüística en todo o mundo. Este ano o tema é a educación de calidade, as linguas de instrución e os resultados da aprendizaxe.
Fonte: Nacións Unidas
O papa Francisco autoriza o uso litúrxico das linguas indíxenas de México
O papa Francisco autorizou o uso de linguas de pobos e comunidades maias na liturxia católica, ao remate dunha misa en San Cristóbal de Las Casas, no estado mexicano de Chiapas.
Fonte: Radio Habana
O tradutor de Google incorpora 13 novas linguas
O tradutor en liña automático de Google acaba de incorporar trece novas linguas entres as que se inclúen o corso, o frisón, o kurdo e o gaélico escocés, entre outras. Con esta nova achega, o motor de tradución supera a barreira dos 100 idiomas.
Fonte: Tudo Celular
O alumnado de secundaria de Portugal aprende linguas por riba da media europea
A oficina estatística da Unión Europea, Eurostat, revelou que o 85,4 % dos estudantes de ensino secundario en Portugal estuda dúas ou máis linguas estranxeiras, por riba da media europea (59,9 %).
Fonte: RTP
Un estudo revela que o 40 % da poboación mundial non ten acceso á educación na súa lingua
A Unesco alertou que o 40 % da poboación mundial non ten acceso á educación nunha lingua que fale ou entenda, o que prexudica a aprendizaxe dos estudantes, especialmente dos que teñen menos recursos.
Fonte: ZH Notícias
Máis dun 40 % do alumnado das escolas da cidade de Xenebra fala linguas estranxeiras
Máis dun 40 % do alumnado das escolas da cidade suíza de Xenebra fala unha lingua estranxeira. As autoridades queren reforzar o coñecemento da lingua de orixe para favorecer a aprendizaxe dun segundo idioma e facilitar a integración.
Fonte: Tribune de Genève
Unha manifestación pide en Chile a oficialización da lingua do pobo mapuche
Máis de mil cincocentas persoas participaron nunha marcha na cidade chilena de Temuco para demandar a oficialización do mapudungun.
Fonte: Nationalia
Boletín
Subscríbase ao boletín