Mundo
Críticas nas redes sociais poderían obrigar a modificar algunhas definicións dos dicionarios da Universidade de Oxford
O grupo editorial que se ocupa das publicacións dos dicionarios da Universidade de Oxford revisará as definicións dalgunhas palabras despois de que algunhas críticas as considerasen sexistas.
Fonte: The Guardian
Os profesionais de atención prehospitalaria de Escocia poderían ter que aprender gaélico
A nova lexislación de Escocia en materia lingüística podería obrigar os profesionais do Servizo de Ambulancias de Escocia (SAS, polas súas siglas en inglés) a aprender gaélico escocés.
Fonte: Deadline
O Centro de Linguas da Universidade do Miño oferta once cursos de linguas este semestre
O Centro de Linguas da Universidade do Miño ofrece unha importante formación en linguas nos campus de Braga e Guimarães. Neste novo semestre, ofértanse un total de 11 linguas.
Fonte: Correio do Minho
Desenvolven un teclado que permite a escritura de 12 linguas nixerianas
Unha nixeriana afincada no Reino Unido, Adebunmi Adeniran, desenvolveu un teclado que permite a escritura en 12 linguas de Nixeria. O invento facilitará a aprendizaxe de linguas e o uso das novas tecnoloxías por parte da poboación nativa do país africano.
Fonte: 360nobs
Un estudo revela que todas as linguas escritas son igual de eficaces á hora de trasladar o significado
Un estudo desenvolvido na Universidade de Southampton (Reino Unido) revela que non existen diferenzas de tempo á hora de procesar e entender diferentes linguas escritas.
Fonte: Deccan Chronicle
Máis de dez mil alumnos participan nas Olimpíadas da Lingua Portuguesa
Máis de dez mil alumnos do ensino básico e secundario inscribíronse nas IV Olimpíadas da Lingua Portuguesa que teñen como obxectivo potenciar o interese do alumnado polo coñecemento da lingua portuguesa como patrimonio cultural.
Fonte: Portugal Digital
O Tribunal Supremo de México anula o uso exclusivo do español nas emisións de radio
O Tribunal Supremo de México anula un artigo dunha lei de telecomunicacións que impuña o español como única lingua das radios comerciais e impedía o uso normalizado dos idiomas orixinarios.
Fonte: Jornalet
A nova reforma ortográfica do francés entrará en aplicación en Francia a partir do curso que vén
Unha reforma da ortografía do francés, aprobada pola Academia Francesa en 1990, será de aplicación a partir de setembro de 2016. Actualmente, a norma está recibindo unha forte oposición en moitos ámbitos da sociedade francesa.
Fonte: RTL
Macau celebrará o próximo encontro internacional de escritores en lingua portuguesa
O secretario xeral da Unión de Cidades Capitais de Lingua Portuguesa (UCCLA, polas súas siglas en portugués) declarou que a cidade chinesa de Macau acollerá o próximo encontro de escritores en lingua portuguesa.
Fonte: RTP Notícias
O alumnado xaponés das escolas públicas non supera o nivel de lingua inglesa acordado polo goberno
Un estudo realizado en escolas públicas xaponesas revelou que a maioría do alumnado non consegue acadar os niveis de competencia en inglés fixados polo goberno.
Fonte: IPC Digital
Boletín
Subscríbase ao boletín