Mundo

A primeira lingua que se aprende prepara o cerebro para a adquisición posterior de novos idiomas

Un estudo realizado pola Universidade McGill e o Instituto Neurolóxico de Montreal demostrou que a exposición a unha lingua durante os primeiros meses de vida senta as bases para aprender despois novos idiomas.

Fonte: La Vanguardia

O primeiro ministro francés móstrase contrario á cooficialidade do corso

Manuel Valls dixo nunha entrevista que en Francia "só existe unha nación" e mostrouse contrario á cooficialidade do corso en Francia, onde, explicou, "soamente hai unha lingua oficial, o francés".

Fonte: La Vangurdia

O Goberno de China establecerá estándares oficiais para a lingua de signos e o braille

O Goberno chinés estandarizará a lingua de signos e o braille que se utilizan no país ao longo dos vindeiros cinco anos, debido ás diferenzas rexionais e culturais dentro do territorio.

Fonte: Spanish Peopledaily

Matosinhos albergará un museo dedicado á lingua portuguesa

O novo Museo da Diáspora e da Lingua Portuguesa estará localizado no Concello portugués de Matosinhos, anunciou o presidente do municipio, Guilherme Pinto.

Fonte: Público

O Acordo Ortográfico entra en vigor no Brasil

O novo Acordo Ortográfico da Lingua Portuguesa entrou en vigor no Brasil, culminando un proceso que pasou por moitas fases e que de momento é só obrigatorio noutros dous países: Portugal e Cabo Verde. O resto de países lusófonos aínda non emprega oficialmente as novas regras ortográficas.

Fonte: Capital News

Un estudo revela que o inglés xa non é a lingua predominante en Internet

Un estudo realizado por unha organización sen ánimo de lucro que analiza o uso da tecnoloxía nos países en vías de desenvolvemento revelou que só o 45 % do contido de Internet está en inglés, o que supón unha forte caída respecto a estudos anteriores.

Fonte: Tech Insider

Unha concentración demanda que o árabe se inclúa no currículo das escolas da provincia canadense de Manitoba

Centos de persoas concentráronse na principal mesquita de Winnipeg para solicitar que o árabe se inclúa no currículo das escolas públicas da provincia canadense de Manitoba.

Fonte: CBC News

Un galardón premiará as mellores cancións en gaélico irlandés

A revista cultural irlandesa Nós organiza un galardón musical en Dublín para premiar as mellores cancións en gaélico irlandés.

Fonte: State

O Parlamento portugués prestará a súa colaboración na reconstrución do Museo da Lingua Portuguesa

O Parlamento portugués manifestou a súa solidariedade polo incendio que destruíu o Museo da Lingua Portuguesa en São Paulo e mostrou a súa vontade de colaborar nos labores de reconstrución.

Fonte: Revista Port

O ministro de Exteriores de Portugal defende que a importancia do portugués non se pode reducir só ao seu valor económico

O ministro de Asuntos Exteriores de Portugal, Augusto Santos Silva, defendeu que a importancia do portugués non pode ser reducida unicamente ao seu valor económico, e subliña que debe ser promovido "como a lingua das persoas".

Fonte: Rádio Vaticano

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder