Mundo

Un home tibetano loita para evitar a desaparición da súa lingua e a súa cultura

Un home da Rexión Autónoma do Tibet, administrada por China, quere presentar unha demanda para solicitarlles ás autoridades que faciliten máis educación en lingua tibetana. China segue restrinxindo o ensino en lingua vernácula e moitas escolas ensínana xa como idioma estranxeiro.

Fonte: New York Times

Un estudo revela que unha parte importante das mozas e mozos galeses considera que non falará galés na idade adulta

Un estudo realizado a 800 mozas e mozos do País de Gales mostra que un pouco menos da metade considera que non falará a lingua galesa en idade adulta.

Fonte: NewStatesman

O ensino do portugués en Timor Leste avanza lentamente

A falta da adecuación dos programas educativos e a preparación dos profesores están a obstaculizar o desenvolvemento do ensino do portugués en Timor Leste.

Fonte: Sapo

Descobren o principio universal da organización das linguas no cerebro

Un centro de investigación vasco centrado no estudo da cognición, o cerebro e a linguaxe (Basque Center on Cognition, Brain and Language, BCBL) participou nun estudo internacional que descubriu un principio universal da organización da lingua no cerebro.

Fonte: Observador

Un estudo revela a importancia dos sons na infancia para a aprendizaxe de linguas en etapas posteriores

Un grupo de investigadores quebequeses da Universidade MgGill e do Instituto Neurolóxico de Montreal elaboraron un estudo que revela que o contacto cunha lingua na infancia inflúe na forma en que o cerebro procesa os sons doutras que se adquiran posteriormente.

Fonte: TVI 24

Os coordinadores dun congreso en Coímbra piden máis vontade na difusión da lingua portuguesa

O coordinador do congreso internacional "Lingua portuguesa: unha lingua de futuro" critica a ausencia de representantes da Comunidade de Países de Lingua Portuguesa no encontro e pide máis vontade á hora de difundir o idioma de Camões.

Fonte: Observador

O occitano está presente no festival de cinema das minorías lingüísticas de Cagliari

O occitano está amplamente representado con dous documentais no concurso internacional de cinema das minorías lingüísticas, o Babel Film Festival, que ten lugar en Cagliari (Sardeña).

Fonte: Jornalet

Proponse a creación dun canon literario para propiciar a unidade da lingua portuguesa

O autor inaugural da conferencia "Lingua portuguesa: unha lingua de futuro", que se desenvolve en Coímbra, suxeriu a construción dun canon literario común que permita aproximar as literaturas en lingua portuguesa.

Fonte: Público

A Universidade de Macau continuará fomentando a formación en lingua portuguesa

O reitor da Universidade de Macau, Wei Zhao, rexeitou que a institución estea a prever a redución da oferta educativa en portugués e prometeu que se seguirá fomentando a formación nesta lingua.

Fonte: Notícias ao Minuto

Afiánzase o ensino do portugués en Venezuela

Constitúese en Venezuela a Asociación Venezolana do Ensino da Lingua Portuguesa (AVELP) co fin de promover o ensino da lingua e a cultura portuguesas.

Fonte: Observatório da Língua Potuguesa

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder