Mundo

Escocia investirá 100 000 libras esterlinas na promoción da aprendizaxe do gaélico

A primeira ministra de Escocia, Nicola Sturgeon, anunciou un investimento de 100 000 libras esterlinas para a promoción da aprendizaxe da lingua gaélica na primeira infancia.

Fonte: The Press and Journal

Defensores da lingua galesa reclaman a creación de novos espazos de radio e televisión nesta lingua

A Sociedade da Lingua Galesa (Cymdeithas yr Iaith Gymraeg) defendeu a necesidade de crear novos espazos de televisión e radio para as novas xeracións.

Fonte: Wales Online

Unha empresa dos EUA sitúa a Portugal entre os países do mundo onde máis medra o dominio do inglés

O grupo estadounidense de ensino Education First considera que Portugal é un dos países do mundo onde máis medrou nos últimos anos o dominio da lingua inglesa.

Fonte: Púbico

O ensino das linguas nacionais de Angola presenta dificultades

O peso histórico da lingua portuguesa constitúe un obstáculo para a aprendizaxe das linguas nacionais de Angola. O Goberno angolano quere aprobar un proxecto que introduza o ensino das linguas nacionais na escola primaria.

Fonte: RTP

Unha universidade brasileira quere ofrecer cursos en varias linguas estranxeiras

A Escola Politécnica da Universidade de São Paulo prevé ofrecer estudos de enxeñaría en tres linguas estranxeiras (portugués, inglés e francés) co obxectivo de formar profesionais cun perfil máis internacional.

Fonte: Globo

Máis de 60 millóns de estadounidenses falan unha lingua materna diferente ao inglés

Un estudo realizado pola Oficina do Censo dos Estados Unidos de América entre os anos 2009 e 2013 mostra que máis de 60 millóns de cidadáns estadounidenses falan como primeira lingua un idioma diferente ao inglés.

Fonte: TIME

Desenvolven unha aplicación para traducir linguas indíxenas brasileiras

Un grupo de investigadores da Universidade Federal de Tocantíns (Brasil) presentou con motivo dos Xogos Mundiais dos Pobos Indíxenas unha aplicación que permite traducir linguas indíxenas ao portugués.

Fonte: Universia

Un xornal británico mostra a porcentaxe no uso de linguas estranxeiras dos cidadáns europeos

Un artigo do xornal británico Independent mostra a porcentaxe no uso das linguas estranxeiras de cada país europeo. Os países que máis linguas falan son os luxemburgueses, os neerlandeses e os eslovenos.

Fonte: Notícias ao Minuto

O Brasil celebra o Día da Lingua Portuguesa

O 5 de novembro o Brasil celebra o Día Nacional da Lingua Portuguesa que rende homenaxe ao intelectual Rui Barbosa.

Fonte: Secretaria da Educação do Estado de São Paulo

O guaraní xa conta con alfabeto oficial

O guaraní xa conta con alfabeto oficial, informou a Secretaría de Políticas Lingüísticas de Paraguai tras a súa aprobación por parte da Academia da Lingua Guaraní.

Fonte: Crónica Viva

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder