Mundo
Preséntase un novo dicionario da lingua bretoa
Despois de 40 anos de traballo, presentan na Feira do Libro de Carhaix (Bretaña) un dicionario de bretón de 8000 páxinas.
Fonte: France Bleu
Unha nova páxina en portugués ofrecerá información sobe a Universidade de Cambridge a estudantado e profesorado lusófonos
A Sociedade de Falantes de Portugués da Universidade de Cambridge anunciou a creación dunha páxina en portugués dirixida a estudantado e profesorado lusófonos.
Fonte: Notícias ao Minuto
Un acordo de cooperación permitirá a promoción do léxico da lingua portuguesa
A Academia das Ciencias de Lisboa asinou un acordo de cooperación co Pórtico da Lingua Portuguesa para a promoción e enriquecemento do léxico portugués.
Un comité ministerial aproba unha norma que podería introducir o ensino obrigatorio do árabe en Israel
Unha proposta apoiada polo ministro de Educación israelí, Naftali Bennett, podería introducir o ensino obrigatorio do árabe nas escolas israelís.
Fonte: Language Magazine
Séntanse as bases para a normativización do idioma totonaco en México
A Universidade Intercultural de Puebla acolleu membros do Instituto Nacional de Linguas Indíxenas de México e outros expertos para consensuar a normativización do idioma totonaco, falado nos estados mexicanos de Veracruz e Puebla.
Fonte: Terra
Paraguai e México asinan un acordo para protexer as súas linguas indíxenas
O Instituto Nacional de Linguas Indíxenas de México (INALI) e a Secretaría de Políticas Lingüísticas da República de Paraguai asinaron un convenio de cooperación para fomentar e protexer o patrimonio cultural e lingüístico dos seus pobos indíxenas.
Fonte: Terra
O Instituto Cervantes de Tokio imparte por primeira vez no continente asiático un curso de éuscaro
Debido ao grande interese que o éuscaro esperta no Xapón, o Instituto Cervantes de Tokio iniciou o primeiro curso desta lingua que se celebra nun centro de Asia.
Fonte: Deia
O Senado francés rexeita a Carta Europea das Linguas Rexionais e Minoritarias
O Senado de Francia rexeitou o proxecto de lei que pretendía mudar a Constitución francesa para poder ratificar a Carta Europea das Linguas Rexionais e Minoritarias.
Fonte: Nationalia
Lanzan unha nova versión do software de ferramentas para a lingua portuguesa FLIP
A empresa portuguesa Priberam presentou a nova versión do software lingüístico FLIP (Ferramentas para a Lingua Portuguesa) co fin de conmemorar os 20 anos do seu primeiro lanzamento.
Fonte: BIT
A policía escocesa promoverá o uso e a visibilidade da lingua gaélica
O Goberno de Escocia lanza un plan para fomentar o uso e a visibilidade da lingua gaélica no corpo de policía.
Fonte: Scotsman
Boletín
Subscríbase ao boletín