Mundo

A Unión Europea revela que a maioría do alumnado europeo estuda unha lingua estranxeira nos primeiros anos de ensino primario

Con motivo do Día Europeo das Linguas, a Oficina Europea de Estatística publicou un informe que revela que, en 2013, o 80 % do alumnado dos estados da UE estudaban unha lingua estranxeira nos primeiros anos do ensino primario.

Fonte: OJE

A rexión de Auvernia aproba a súa adhesión á Oficina Pública da Lingua Occitana

O Consello Rexional de Auvernia (Francia) votou a favor de adherirse á Oficina Pública da Lingua Occitana (OPLO, polas súas siglas en occitano).

Fonte: Jornalet

O Bloco de Esquerda defende a lingua de signos portuguesa

O partido portugués Bloco de Esquerda defendeu no seu programa electoral para as lexislativas a promoción da lingua de signos portuguesa.

Fonte: Correio da Manhã

O Instituto Confucio da Universidade do Miño volve ofertar cursos de lingua chinesa

O Instituto Confucio da Universidade do Miño volverá ofrecer este ano cursos anuais de lingua chinesa no campus de Braga.

Fonte: Gazeta do Rossio

Un informe recomenda medidas para deter o declive da lingua galesa no condado de Gwynedd

Un informe recomenda crear dous novos centros da lingua galesa para deter o declive no uso do galés no condado de Gwynedd.

Fonte: Daily Post

As persoas de orixe asiática en Australia estudan cada vez menos linguas do seu continente

Algúns estudos mostran un declive na aprendizaxe de linguas faladas en Asia nas escolas australianas, especialmente entre a poboación de orixe asiática.

Fonte: The Conversation

Cavaco Silva defende na ONU o papel da lingua portuguesa como vehículo de comunicación internacional

Na 70 sesión da Asemblea Xeral das Nacións Unidas, o presidente da República portuguesa, Cavaco Silva, defendeu a importancia global da lingua portuguesa e mostrou a súa esperanza de que o portugués se converta en lingua oficial deste organismo internacional.

Fonte: Mundo Lusíada

Lanzan a primeira canle en ruso de Estonia

Estonia lanza a súa primeira canle de televisión en ruso coa intención de aproximar a poboación estoniana á minoría de orixe rusa.

Fonte: The Washington Post

Só unha pequena parte das linguas do mundo está presente en internet

Un informe da Unión Internacional de Telecomunicacións (ITU, polas súas siglas en inglés) revelou que só un 5 % das linguas máis minoritarias ou menos influentes do mundo está presente en internet.

Fonte: Rue89

Diferentes análises revelan cales serán as linguas do futuro

Diferentes análises, como a elaborada polo xornal estadounidense The Washington Post ou a do British Council, revelaron cales serán as linguas máis dominantes do futuro, tendo en conta a evolución dos mercados e o peso demográfico dos seus falantes.

Fonte: Jornal de Notícias

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder