Mundo

Redúcese o ensino do occitano na antiga provincia francesa de Bearne

A rede de escolas occitanas mostrou a súa preocupación pola forte diminución do ensino en occitano nas escolas primarias da antiga provincia francesa de Bearne.

Fonte: Jornalet

Mobilizacións simultáneas en diferentes rexións demandarán un estatuto para as linguas rexionais de Francia

Diferentes territorios de Francia como Córsega, Occitania ou Alsacia demandarán en mobilizacións simultáneas un estatuto de protección e promoción das súas linguas rexionais.

Fonte: Sermos Galiza

O ensino da lingua portuguesa está moi presente na educación primaria do Uruguai

Un total de 83 escolas públicas de ensino básico do Uruguai oferta clases de portugués. A maioría delas están en zonas de fronteira co Brasil.

Fonte: Diário de Notícias

Un proxecto de lei converte o español en primeira lingua oficial de Porto Rico

O Senado de Porto Rico aprobou un proxecto de lei que converte o español en primeira lingua oficial da illa. O inglés pasará a ser segundo idioma.

Fonte: Globo

O Brasil solicita a Angola que ratifique o Acordo Ortográfico da Lingua Portuguesa

O ministro de Cultura do Brasil, Juca Ferreira, demandou en Luanda que Angola ratifique o Acordo Ortográfico da Lingua Portuguesa.

Fonte: Diário Digital

Un grupo de cidadáns manifestarase contra o Acordo Ortográfico en Lisboa

Un grupo de cidadáns solicitará nunha manifestación en Lisboa que se convoque un referendo sobre o Acordo Ortográfico da Lingua Portuguesa.

Fonte: SAPO

Un novo sistema certificará o grao de dominio do español

O Instituto Cervantes, a Universidade de Salamanca e a Universidade Nacional Autónoma de México presentaron un novo certificado do dominio do español por medios electrónicos: o SIELE (Servizo Internacional de Avaliación da Lingua Española).

Fonte: El Mundo Financiero

O urdú converterase en lingua oficial de Paquistán

O Tribunal Supremo de Paquistán ordenou a aplicación inmediata do Artigo 251 que establece que o urdú debe ser a lingua oficial das oficinas gobernamentais.

Fonte: Geo

Cae o número de escolas que imparte linguas diferentes ao inglés en Australia Occidental

Só 377 escolas públicas do estado de Australia Occidental ofertan clases de linguas diferentes ao inglés, fronte ás 523 do ano pasado.

Fonte: ABC

Profesores de linguas da Universidade do Ulster perderán os seus empregos por mor dos recortes

Os recortes en educación obrigarán a un total de 20 profesores da Escola de Linguas Modernas da Universidade do Ulster a perder os seus empregos.

Fonte: Belfast Live

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder