Mundo
O Goberno escocés aprobará medidas para promover a lingua scots
O Goberno de Escocia aprobará políticas que promovan a lingua escocesa ou scots. Por exemplo, coas novas medidas, os sinais públicos pasarán a estar en tres linguas: inglés, gaélico e scots.
Fonte: Scotsman
Avalíase o ensino da lingua inglesa nas escolas públicas brasileiras
Un estudo elaborado polo British Council avalía o ensino da lingua inglesa nas escolas públicas do Brasil. Entre outras cousas, analízase a percepción do alumnado e as condicións do profesorado.
Fonte: Segs
Unha campaña para promover o uso do gaélico irlandés supera todos os prognósticos de participación
A campaña Líofa, coa que o Goberno de Irlanda do Norte quería promover o uso e a aprendizaxe da lingua gaélica, superou todos os prognósticos: 13 000 persoas comprometéronse a falar irlandés antes do fin de 2015 e o obxectivo inicial era de 1000.
Fonte: BBC
O Centro de Linguas da Universidade do Miño abre o curso de formación en linguas estranxeiras
O Centro de Linguas da Universidade do Miño (Portugal) ofrecerá este ano unha ampla oferta de cursos en linguas estranxeiras. O programa formativo inclúe idiomas como o alemán, o español, o francés, o galego, o inglés, o italiano, o portugués como lingua estranxeira, o ruso e o xaponés.
Fonte: Gazeta do Rossio
Solicítanlle á Universidade do Ulster que repense a decisión de non ofertar gaélico irlandés a tempo completo en Belfast
A asociación a prol da lingua irlandesa Conradh na Gaeilge solicitoulles á Universidade do Ulster e ao Goberno de Irlanda do Norte que repensen a decisión de suprimir as clases de gaélico a tempo completo na cidade de Belfast.
Fonte: Inside Ireland
Demandan a valorización das linguas nacionais de Angola
O mellor xornalista en lingua nacional umbundu demandou a valorización de todas as linguas nacionais de Angola.
Fonte: Agência Angola Press
Unha comunidade indíxena de Paraguai redacta contos para salvar a súa lingua orixinaria
Co fin de salvar a súa lingua orixinaria, a comunidade indíxena maká de Paraguai recibe contos redactados por eles mesmos en versión bilingüe.
Fonte: La Vanguardia
Refórzanse as linguas estranxeiras no ensino público de Portugal
As reformas educativas aprobadas polo Goberno de Portugal darán máis peso ás linguas estranxeiras no ensino público. O inglés pasa a ser obrigatorio no primeiro ciclo de primaria e o chinés mandarín comezará a ofertarse en secundaria.
Fonte: Público
Voluntarios dalgúns países de Europa ensínanlles as súas linguas locais aos refuxiados de Oriente Medio e África
Voluntarios de países europeos como Alemaña e Suecia decidiron axudar na crise migratoria en Europa ensinando as súas linguas locais aos refuxiados de Oriente Medio e África.
Fonte: The Guardian
Un total de 420 linguas están ameazadas en América do Sur
Linguas como o tehuelche na Patagonia ou o iquito no Perú forman parte dun grupo de 420 linguas ameazadas de toda América do Sur, tal e como se desprende do Atlas Mundial da Unesco das Linguas en Perigo. Moitos destes idiomas desaparecerán de xeito inminente se non se toman medidas urxentes para a súa protección.
Fonte: El País
Boletín
Subscríbase ao boletín