Mundo

O ministro de Cultura caboverdiano anuncia a entrada en vigor do Acordo Ortográfico

O Acordo Ortográfico da Lingua Portuguesa entrou en vigor oficialmente en Cabo Verde e a súa aplicación será paulatina e irreversible.

Fonte: Notícias ao Minuto

A Universidade de Évora convértese en centro avaliador dos exames de Cambridge

Un acordo asinado pola unidade de avaliación de lingua inglesa da Universidade de Cambridge e a Universidade de Évora permitirá que esta segunda institución se converta en centro avaliador dos exames oficiais de Cambridge.

Fonte: Local

A comisaria da Lingua Galesa anuncia unha nova lexislación a prol do galés

A comisaria da Lingua Galesa, Meri Huws, anuncioulles aos entes públicos do País de Gales as medidas que deberán cumprir para acollerse á nova lexislación a prol do galés.

Fonte: BBC

A cidade canadense de Toronto acolle un bo número de linguas ameazadas

Unha lingüista documenta algunhas linguas ameazadas que falan os cidadáns de Toronto e demostra que algunhas se conservan mellor na metrópole canadense que nos seus lugares de orixe.

Fonte: The Star

Unha agrupación a prol da lingua galesa defende o obxectivo de acadar o millón de falantes

A agrupación en defensa da lingua galesa Cymdeithas yr Iaith Gymraeg celebrou un encontro no que se analizou a posibilidade de acadar o obxectivo do millón de falantes no País de Gales.

Fonte: Wales Online

O ministro de Pobos do Pacífico de Nova Zelandia defende a preservación da lingua fidxiana

Con motivo da semana da lingua fidxiana, o ministro neozelandés de Pobos do Pacífico defendeu a necesidade de que a poboación procedente de Fidxi preserve a súa lingua vernácula, sobre todo ante o descenso do seu uso por parte dos falantes.

Fonte: Pacific Scoop

Cada vez máis checos mostran interese pola lingua portuguesa

Cada vez máis cidadáns checos mostran interese polo estudo da lingua portuguesa. Na última década, cuadriplicouse o número de institucións que se dedican ao ensino do portugués.

Fonte: Observador

Medra o coñecemento do gaélico escocés entre a poboación máis nova

Os resultados do censo lingüístico mostran que o coñecemento do gaélico medra lixeiramente entre a poboación máis nova. As Híbridas Exteriores, as Terras Altas e Glasgow son as zonas onde se concentran máis falantes.

Fonte: Nationalia

Unha escola do Lacio introduce unha materia de lingua e cultura romanesas no programa de estudos

Unha escola de ensino elemental da localidade italiana de Ladispoli, a 50 quilómetros de Roma, ensinará lingua e cultura romanesas como materia obrigatoria.

Fonte: L'Huffington Post

Un proxecto estadounidense ofrécelles a docentes brasileiros a posibilidade de ensinar portugués nos EUA

A Comisión para o Intercambio Educativo entre os Estados Unidos de América e o Brasil (Fulbright Brasil) ofrece bolsas para que docentes brasileiros ensinen portugués nos EUA.

Fonte: Paraná Online

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder