Mundo

Unha tradución dunha obra do escritor portugués Lobo Antunes recibe un premio en Francia

A Fundación Calouste Gulbenkian de París outorgou un premio literario á tradución francesa do libro Que cavalos são aqueles que fazem sombra no mar?, do escritor portugués António Lobo Antunes.

Fonte: Lux.pt

O Ministerio de Xustiza francés pregúntalles aos cidadáns a súa opinión sobre a Carta Europea das Linguas Rexionais

O Ministerio de Xustiza de Francia publicou un cuestionario en liña para coñecer a opinión dos cidadáns franceses sobre a ratificación da Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias.

Fonte: Jornalet

Un programa de investimento apoiará a creación de postos de traballo en zonas de fala gaélica de Irlanda

Membros de asociacións a prol do gaélico irlandés reuníronse para mostrar o seu apoio a un programa de investimento que axudaría a crear postos de traballo en zonas de fala gaélica, por medio de empresas que fomenten o uso da lingua.

Fonte: Irish Times

A lingua valona está en risco de desaparición

A escasa ou nula transmisión xeracional do valón, no sur de Bélxica, podería levar á súa desaparición, informou un representante da Biblioteca dos Dialectos de Valonia. Hai só un século falábao un 80 % da poboación.

Fonte: Terra

Increméntase o interese dos bosníacos pola lingua italiana

A aprobación dun acordo cultural bilateral entre Italia e Bosnia e Hercegovina permitirá reforzar o ensino da lingua italiana nas universidades do país balcánico.

Fonte: Ansa Med

Celébrase a Semana da Lingua Italiana

O Ministerio de Asuntos Exteriores de Italia, a Academia della Crusca e a Confederación Suíza participan na organización en todo o mundo da XV edición da Semana da Lingua Italiana.

Fonte: Il Quotidiano della PA

Publican o último libro de Astérix en lingua mirandesa

O papiro do César, o novo libro das aventuras de Astérix, será publicado tamén en lingua mirandesa. A súa tradución correu a cargo do lingüista José Pedro Ferreira e o investigador e escritor Carlos Ferreira.

Fonte: TVI 24

Un dos maiores xornais de China terá unha versión en lingua portuguesa

O xornal chinés O Diario do Pobo publicará a partir de agora noticias en lingua portuguesa. O xornal está en liña tamén en alemán, árabe, coreano, español, francés e inglés.

Fonte: Público

Manifestacións en diferentes puntos de Francia demandarán a ratificación da Carta Europea das Linguas Rexionais

Diversas manifestacións en diferentes puntos de Francia, desde Occitania e Iparralde, ata Córsega e a Bretaña, demandarán a ratificación da Carta Europea das Linguas Rexionais e Minoritarias.

Fonte: Nationalia

O Ministerio de Educación paraguaio quere investir en formación docente para salvar as linguas indíxenas

O Ministerio de Educación de Paraguai quere mellorar as infraestruturas educativas e a formación dos docentes para frear a perda das linguas indíxenas.

Fonte: Terra

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder