Mundo

O Concello da localidade sarda de Parada lanza un proxecto de valorización da lingua sarda

O Concello sardo de Parada, en colaboración coa oficina responsable da lingua sarda e a biblioteca municipal, lanzou un proxecto de valorización e promoción da lingua sarda nas escolas de preescolar da localidade.

Fonte: La Nuova Sardegna

O árabe e o urdú son os idiomas estranxeiros que máis medran nos Estados Unidos de América

Segundo os resultados dunha enquisa, o árabe e o urdú son os idiomas estranxeiros que experimentan un maior crecemento nos EUA.

Fonte: RT

Unha compañía de nova creación fomentará o teatro en lingua portuguesa en Nova York

Nace en Nova York a compañía Saudade Theatre co fin de visibilizar o teatro portugués na cidade estadounidense.

Fonte: Observatório da Língua Portuguesa

As escolas portuguesas de Cabo Verde e San Tomé difundirán a lingua e a cultura portuguesas

O Diario da República de Portugal anunciou a creación das escolas portuguesas de Cabo Verde e San Tomé e Príncipe que terán como obxectivo a promoción e difusión da cultura e lingua portuguesas.

Fonte: Sapo

O Consello de Cornualles estuda a introdución do córnico nas súas relacións coa cidadanía

O Consello de Cornualles votará o novo Plan da lingua córnica que prevé formar algúns traballadores públicos en nocións básicas do idioma.

Fonte: The Guardian

Un curso universitario busca a revitalización das linguas orixinarias de Chiapas

A Universidade Intercultural de Chiapas (Unich) imparte un curso de tradución que ten como obxectivo revitalizar as linguas orixinarias do estado.

Fonte: 20 minutos

Unha universidade occitana ensinará a lingua asubiada de Béarn

A Universidade de Pau, no departamento occitano dos Pireneos Atlánticos, ofertará por primeira vez un curso de lingua asubiada de Béarn.

Fonte: Aranes

Cada vez máis estudantes aprenden portugués no Centro Cultural Brasileiro de Bisau

Cada vez máis persoas mostran o seu interese por aprender portugués no Centro Cultural Brasileiro de Bisau (Guinea-Bisau), informou o director da institución.

Fonte: Diário Digital

Abren un centro de excelencia para a aprendizaxe de linguas modernas no País de Gales

O ministro de Educación de Gales, Huw Lewis, inaugurou a escola Bryn Hafren como centro de excelencia para a aprendizaxe de linguas estranxeiras no País de Gales.

Fonte: Barry & District News

A cidade de Edimburgo introducirá a aprendizaxe de dúas linguas estranxeiras no ensino primario

A cidade de Edimburgo introducirá a aprendizaxe de dúas linguas estranxeiras entre o alumnado de ensino primario. As linguas ofertadas serán o gaélico, o francés, o español, o chinés, o farsi e o polaco.

Fonte: BBC

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder