Mundo
O ministro de Educación de Luxemburgo garante o ensino do portugués no primeiro ciclo de educación infantil
O ministro luxemburgués de Educación, Claude Meisch, garantiu que o goberno introducirá o ensino do portugués no primeiro ciclo de educación infantil.
Fonte: Luxemburger Wort
Un proxecto aspira a fomentar as linguas orixinarias de Ecuador
O proxecto "Así dicen mis abuelos" naceu en 2010 co obxectivo de recuperar e fomentar as expresións culturais e linguas orixinarias de Educador.
Fonte: El País
O Goberno do País de Gales fomentará o uso da lingua galesa nas consultas médicas
O Goberno do País de Gales quere promover o uso do galés nas consultas de atención primaria para garantir o dereito dos pacientes a seren atendidos na súa lingua materna.
Fonte: PULSE
O monarca de España pide maior esforzo para fomentar a aprendizaxe do español nos Estados Unidos
O monarca de España, Felipe IV, pediu na súa visita a Florida que se fomente o ensino do español nos EUA.
Fonte: Globo
Un grupo de policías de Río de Janeiro aprende linguas para atender os turistas que visiten as olimpíadas
Un grupo de axentes de policía de Río de Janeiro falará linguas pouco comúns para se comunicar cos turistas que visiten a cidade con motivo das olimpíadas.
Fonte: Notícias ao Minuto
Portugal está entre os países de Europa que ofrecen máis linguas nas escolas
Cos novos cambios que entraron en vigor no sistema educativo, as escolas portuguesas permiten agora a aprendizaxe de sete linguas estranxeiras. Deste xeito, o país luso convértese nun dos estados europeos que máis linguas oferta na rede pública de ensino.
Fonte: Notícias ao Minuto
A provincia canadense de Manitoba protexerá as súas linguas vernáculas
O Goberno da provincia canadense de Manitoba asinou un acordo con grupos indíxenas e consellos escolares para fomentar e protexer as linguas orixinarias que se falan no seu territorio.
Fonte: CBC News
O Brasil entrégalle un traballo de preservación de linguas indíxenas á directora xeral da Unesco
Os resultados dun traballo de preservación de linguas indíxenas no Brasil pon en evidencia a necesidade de adoptar medidas urxentes que garantan a protección do patrimonio lingüístico brasileiro.
Fonte: O Dia
Un informe avalía a aplicación da Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias en Noruega
O Consello de Europa recoñeceu nun informe os esforzos realizados por Noruega para aplicar a Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias.
Fonte: Council of Europe
Conmemórase en toda Europa o Día Europeo das Linguas
Co fin de conmemorar o Día Europeo das Linguas, o Centro de Linguas Modernas da Universidade do Miño (Portugal) acollerá alumnado de secundaria para que participen en actividades de aprendizaxe dunha variedade de idiomas estranxeiros.
Fonte: Gazeta do Rossio
Boletín
Subscríbase ao boletín