Mundo
Un centro universitario brasileiro impartirá clases de portugués a emigrantes haitianos
Un centro universitario de Río Grande do Sur (Brasil) impartirá clases de portugués como segunda lingua a emigrantes haitianos que viven no estado.
Fonte: Gazeta do Sul
Un proxecto australiano quere evitar a desaparición de 10 linguas indíxenas
O Centro de Investigación para a Excelencia na Dinámica das Linguas de Australia está levando a cabo un traballo de documentación de dez linguas indíxenas que están ao bordo da extinción.
Fonte: The Guardian
As escolas públicas do estado de Tocantíns poderían ofrecer clases de xaponés
Nun encontro entre o goberno do estado de Tocantíns (Brasil) e o embaixador xaponés, Keiko Umeda, debateuse unha iniciativa para implantar clases de xaponés nas escolas públicas do estado.
Fonte: Conexão Tocantins
Baixa o número de alumnos de ensino secundario que escolle materias lingüísticas no Reino Unido
No curso académico actual, diminuíu significativamente o número de alumnos que escolleu materias lingüísticas no Certificado Xeral de Ensino Secundario do Reino Unido (GCSE, polas súas siglas en inglés). A baixada foi de case 20 000 matrículas menos respecto ao ano anterior.
Fonte: The Guardian
Un poeta inglés de orixe xamaicana reivindica o ensino do galés en todo o Reino Unido
O poeta inglés de orixe xamaicana, Benjamin Zephaniah, declarou no Festival Nacional do País de Gales (Eisteddfod) que o galés se debería ensinar en todas as escolas do Reino Unido.
Fonte: Wales Online
A ferramenta de tradución de Google permitirá que os dispositivos de Android Wear funcionen en 44 idiomas diferentes
Os dispositivos que funcionen co sistema operativo Android Wear poderán comunicarse en 44 linguas diferentes grazas á ferramenta de tradución Google Tradutor.
Fonte: CNET
Non se garante a atención na lingua wayuunaiki nas oficinas públicas do departamento colombiano de Guajira
A pesar de que o wayuunaiki é idioma oficial no departamento colombiano de Guajira, as oficinas públicas non garanten a atención nesa lingua.
Fonte: El Heraldo
Unha versión de Google Chrome poderá corrixir varios idiomas simultaneamente
Os usuarios de Google Chrome Canary, navegador en liña da familia de Google Chrome, poderán empregar un corrector ortográfico integrado en varios idiomas.
Fonte: Wwwhat’snew
Un seminario analiza a lingua portuguesa en Angola
Con motivo do 40 aniversario da independencia de Angola, o goberno da provincia angolana de Huíla organizará na cidade de Lubango o primeiro seminario científico sobre a situación da lingua portuguesa en Angola.
Fonte: Agência Angola Press
A 41 edición da Escola Occitana de Verán pecha con grande éxito de participación
Segundo os organizadores, o grande éxito de participación que rexistrou a 41 edición da Escola Occitana de Verán, celebrada na localidade aquitana de Villeneuve-sur-Lot, é mostra do crecente interese pola lingua occitana en Francia.
Fonte: Jornalet
Boletín
Subscríbase ao boletín