Mundo

O Instituto Camões financiará novas bolsas para ensinar portugués a funcionarios da Guinea Ecuatorial

O Instituto Camões ou da Cooperación e da Lingua Portuguesa financiará novas bolsas de ensino de portugués a funcionarios do Ministerio de Asuntos Exteriores e Cooperación da Guinea Ecuatorial.

Fonte: Notícias ao Minuto

A provincia canadense de Novo Brunswick presenta un novo plan de linguas oficiais

O Goberno da provincia canadense de Novo Brunswick presentou un novo plan de linguas oficiais que tentará corrixir os erros presentes no documento anterior e garantir unha oferta activa de servizos de calidade en inglés e francés.

Fonte: ICI Radio Canada

Unha escola de verán reúne estudantes de checo de todo o mundo

O departamento de checo da Facultade de Letras da Universidade Carolina de Praga organiza unha escola de verán que reúne estudantes de checo duns 40 países do mundo.

Fonte: Radio Praha

Francia manifesta o seu compromiso por ratificar a Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias

O presidente de Francia, François Hollande, envioulle unha carta ao presidente da Rede Europea para a Promoción da Diversidade Lingüística, Patxi Baztarrika, para mostrar a súa disposición a ratificar a Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias.

Fonte: Eitb

Un dicionario traduce as particularidades do portugués do Porto ao inglés

Publícase o dicionario PORTOgués-inglés, que revela aos turistas e estranxeiros os trazos distintivos do portugués da cidade do Porto.

Fonte: Público

Unha investigadora estadounidense demostra que o mellor momento para aprender linguas é entre os cero e os sete anos de vida

A directora do Instituto do Cerebro e das Ciencias da Aprendizaxe da Universidade de Washington (EUA), Patricia Kuhl, demostrou que o mellor período da infancia para aprender linguas estranxeiras é o que vai dos cero aos sete anos.

Fonte: Porvir

As linguas de Osetia do Norte e Osetia do Sur están en perigo

Malia os esforzos dos últimos anos, as dúas variedades da lingua osetia faladas en Osetia do Norte, pertencente a Rusia, e Osetia do Sur, rexión integrada dentro de Xeorxia, están en perigo de desaparición.

Fonte: Radio Free Europe-Radio Liberty

A ferramenta de tradución de Google traduce imaxes en 20 novas linguas

O servizo de tradución de Google segue evolucionando e a súa funcionalidade de tradución visual instantánea inclúe agora 20 novas linguas: o búlgaro, o catalán, o croata, o checo, o dinamarqués, o eslovaco, o filipino, o finlandés, o hindi, o húngaro, o indonesio, o lituano, o neerlandés, o noruegués, o polaco, o romanés, o sueco, o tailandés, o turco e o ucraíno.

Fonte: Globo

O novo sistema operativo de Windows estará dispoñible en linguas dos cinco continentes

O novo sistema operativo de Windows (Windows 10) estará dispoñible en 110 linguas diferentes de 190 países de todo o mundo.

Fonte: Telemóveis

Varios estados mexicanos acollen obradoiros para fomentar o uso e a valoración das linguas indíxenas nacionais

A Comisión Nacional para o Desenvolvemento dos Pobos Indíxenas (CDI) e o Instituto Nacional de Linguas Indíxenas (INALI) puxeron en marcha en varios estados o Obradoiro de Reflexión, Análise e Definición de Accións para o Fortalecemento das Linguas Indíxenas nas Casas do Neno Indíxena (CNI).

Fonte: Quadratín

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder