Mundo
A Universidade de Aberystwyth aproba medidas para garantir o futuro das residencias de fala galesa
A Universidade de Aberystwyth publicou unha resolución que garantirá o futuro da residencia de fala galesa Pantycelyn.
Fonte: Wales Online
O ministro de Educación de Gales defende que os escolares comecen a estudar linguas estranxeiras en primaria
O ministro de Educación do País de Gales, Huw Lewis, defendeu nunha conferencia que os escolares comecen a estudar linguas estranxeiras no ensino primario.
Fonte: ITV
Un estudo revela que a variedade xenética está relacionada coa diversidade lingüística
Un estudo da Universidade de York (Reino Unido) establece un paralelismo entre a variedade xenética dunha determinada zona e a diversidade lingüística dos seus falantes.
Fonte: Newhistorian
Solicitan a introdución do xaponés nas escolas escocesas
O cónsul do Xapón en Escocia, Hajime Kitaoka, pediu á principal autoridade educativa de Escocia que introduza a aprendizaxe da lingua e a cultura xaponesas nas escolas.
Fonte: Herald Scotland
Aumentan os intercambios lingüísticos entre escolares en Suíza
Mentres o debate sobre a aprendizaxe das linguas continúa a provocar controversias en Suíza, o número de alumnos que participa en intercambios lingüísticos aumenta un 7,8 %.
Fonte: Swissinfo
A India ofrecerá un servizo de atención ao turista en 12 linguas estranxeiras
O ministro de Turismo da India informou de que o Goberno vai ofrecer un servizo de atención telefónica en 12 linguas estranxeiras aos turistas que visiten o país.
Fonte: The Hans India
Un sistema permitirá traducir a lingua de signos para texto e sons
Investigadores do Instituto Politécnico Nacional de México inventaron unha luva que permite traducir lingua de signos para texto e sons nunha aplicación para teléfonos intelixentes.
Fonte: DN
Loitan contra a desaparición da lingua irlandesa en Donegal
Grupos e asociacións locais da zona de fala irlandesa de Donegal (Irlanda) estanse a mobilizar para garantir a supervivencia da lingua irlandesa que, segundo os últimos informes, está en risco de desaparición na zona.
Fonte: Irish Central
A Universidade do Estado de Florida quere incorporar a aprendizaxe de linguas estranxeiras pouco comúns
Membros do programa de linguas estranxeiras da Universidade do Estado de Florida (EUA) queren incorporar e mellorar a aprendizaxe e o ensino de linguas estranxeiras pouco comúns nas aulas estadounidenses.
Fonte: Tallahassee Democrat
Reinvindícase o uso do catalán na Eurocámara
O eurodeputado flamengo Mark Demesmaeker reivindicou perante o presidente do Parlamento Europeo o uso da lingua catalá.
Fonte: Jornalet
Boletín
Subscríbase ao boletín