Mundo

A escritora portuguesa Hélia Correia vence o Premio Camões

O máis importante premio literario destinado a autores de lingua portuguesa, o Premio Camões, recaeu este ano na escritora portuguesa Hélia Correia.

Fonte: DN

A ferramenta de tradución de Skype incorpora agora o francés e o alemán

A ferramenta Skype Translator poderá traducir agora conversas en tempo real en francés e alemán.

Fonte: Código Cero

A rexión de Sardeña garantirá a introdución da lingua sarda nas escolas

Unha asesora da rexión autónoma de Sardeña anunciou que proximamente se presentará o concurso público que garante o uso vehicular da lingua sarda nas escolas.

Fonte: Regione Sardegna

Un estudo revela que 600 000 persoas falan friulano na rexión de Friúl-Venecia Xulia

Un estudo realizado pola Axencia Rexional da Lingua Friulana (ArLef) revelou que o 60 % dos habitantes das provincias italianas de Udine, Gorizia e Pordenone (Friúl-Venecia Xulia) falan a lingua friulana.

Fonte: Diario di Udine

O Concello de Miranda do Douro demanda a ratificación da Carta Europea das Linguas Rexionais e Minoritarias

O presidente do Concello de Miranda do Douro demandoulle ao Estado portugués que cumpra o seu deber e ratifique a Carta Europea das Linguas Rexionais e Minoritarias.

Fonte: Dnotícias

Asinan un protocolo para a promoción das linguas mirandesa e asturiana

A Asociación da Lingua e Cultura Mirandesas e a Academia da Lingua Asturiana asinaron un acordo de cooperación para a promoción do mirandés e o asturiano.

Fonte: Notícias ao Minuto

Un mapa interactivo mostra as linguas máis faladas do Canadá

Un mapa interactivo mostra as linguas que máis se falan, diferentes do inglés e o francés, en cada unha das divisións administrativas do Canadá.

Fonte: The 10 and 3

Artistas lusófonos pecharán as celebracións polos oito séculos de lingua portuguesa

Un concerto en Lisboa, no que participarán representantes dos países lusófonos, pechará as celebracións polos oito séculos de lingua portuguesa.

Fonte: Portugal Digital

Os usuarios de iPhone poderán seleccionar a lingua inuit para escribir as súas mensaxes de texto

Unha nova aplicación permitiralles aos falantes de inuktitut, lingua inuit falada no Canadá, redactar mensaxes de texto na súa lingua materna en dispositivos móbiles de Mac.

Fonte: Yahoo News

A comunidade de persoas inmigradas de São Paulo poderá asistir a cursos gratuítos de portugués

O Estado de São Paulo ofertará un curso gratuíto de portugués para persoas inmigradas e refuxiados no Centro de Integración da Cidadanía Oeste da cidade de São Paulo.

Fonte: Agência de Notícias do Brasil-Árabe

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder