Mundo

Un premio literario une Galicia e o Norte de Portugal

A Dirección Rexional de Cultura do Norte de Portugal e Galicia acordaron crear un premio literario para mozos escritores.

Fonte: Porto Canal

Intentan salvar da extinción unha lingua africana seriamente ameazada

Dúas mulleres de Suráfrica e un grupo de lingüistas uniron os seus esforzos para salvar da extinción a lingua n|uu, catalogada como seriamente ameazada pola Unesco.

Fonte: The Guardian

O Goberno de Cabo Verde aproba o Acordo Ortográfico da Lingua Portuguesa

O Goberno de Cabo Verde aprobou o Acordo Ortográfico da Lingua Portuguesa que entrará en vigor en outubro.

Fonte: Notícias ao Minuto

A Universidade de São Paulo poderá impartir disciplinas optativas en lingua estranxeira

A Universidade de São Paulo (USP, polas súas siglas en portugués) aprobou unha resolución que permite impartir materias optativas só en lingua estranxeira.

Fonte: Globo

Os alumnos surafricanos dos primeiros anos de primaria poderán estudar unha lingua africana

O ministro de Educación de Suráfrica, Panyaza Lesufi, declarou que a partir de 2016 os alumnos do primeiro e segundo ano de primaria poderán cursar unha lingua africana.

Fonte: Eyewitness News

Alumnos da Universidade de Aberystwyth protestarán de novo para impedir que pechen a residencia para falantes de galés

Alumnos da Universidade de Aberystwyth (País de Gales) iniciarán unha nova folga de fame para impedir o peche da residencia universitaria para falantes de galés.

Fonte: Wales Online

Só un 6 % dos franceses rexeita a aprobación da Carta Europea das Linguas Rexionais e Minoritarias

Segundo os resultados dunha enquisa realizada en Francia, o 72 % dos franceses está a favor de que a República ratifique a Carta Europea das Linguas Rexionais e Minoritarias.

Fonte: Europe1

Ghana introducirá o ensino en linguas nativas nas escolas

A ministra de Educación de Ghana informou de que se introducirá o ensino obrigatorio en linguas locais nas escolas do ensino básico.

Fonte: Citifmonline

O Campionato Europeo de Fútbol falará tamén occitano

O Campionato Europeo de Fútbol que se celebrará en Francia en 2016 falará tamén occitano: a guía do afeccionado será distribuída nesta lingua na cita que o acontecemento deportivo terá na cidade de Tolosa.

Fonte: Jornalet

O Museo da Lingua Portuguesa de São Paulo dedicaralle unha exposición a José Saramago

O Museo da Lingua Portuguesa de São Paulo (Brasil) dedicaralle en 2016 unha exposición ao escritor portugués José Saramago.

Fonte: Sapo

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder