Mundo
A Universidade do Miño abre as inscricións para os seus cursos de linguas durante o verán
O Centro de Linguas do Instituto de Letras e Ciencias Humanas da Universidade do Miño ofrecerá durante os meses de xuño e xullo cursos de alemán, inglés, español, francés, italiano, xaponés, ruso e portugués como lingua estranxeira.
Fonte: Gazeta do Rossio
O Uruguai manifesta o seu interese por integrar a Comunidade de Países de Lingua Portuguesa
O Uruguai manifesta o seu interese por integrar, en calidade de observador, a Comunidade de Países de Lingua Portuguesa.
Fonte: Vermelho
O municipio de Quimper adopta unha declaración a favor da lingua bretoa
O consello municipal de Quimper (Francia) aproba unha declaración para adoptar unha política cultural e lingüística a favor do bretón.
Fonte: Ouest France
Sete novos centros públicos fomentarán a aprendizaxe da lingua galesa
O ministro principal de Gales anunciou que se crearán seis novos centros para fomentar o uso e a aprendizaxe do galés. Ademais de en Cardiff, os novos centros estarán en Anglesey, Bangor, Cardigan, Pontardawe e Tregaron.
Fonte: BBC
Un lingüista defende a importancia de Mozambique na expansión da lingua portuguesa
Un lingüista mozambicano da Universidade Eduardo Mondlane defende a importancia de Mozambique na expansión da lingua portuguesa. Actualmente, o 50 % da poboación do país africano fala portugués.
Fonte: Sapo
As rexións de Ródano-Alpes e o Val de Aosta asinan un acordo para o desenvolvemento do idioma francoprovenzal
Os gobernos da rexión francesa de Ródano-Alpes e da italiana Val de Aosta asinaron un documento que garante políticas transfronteirizas a prol do fomento e desenvolvemento da lingua francoprovenzal, unha das máis ameazadas de Europa.
Fonte: Nationalia
Unha universidade chinesa ofertará cursos de 95 linguas estranxeiras ata 2020
A maior escola chinesa de linguas estranxeiras, a Universidade de Estudos Estranxeiros de Beijing, aspira a ofrecer ata 2020 cursos en 95 linguas diferentes.
Fonte: Diário Digital
O ministro de Exteriores de Timor Leste defende a promoción da lingua portuguesa
O ministro de Exteriores de Timor Leste, Hernâni Coelho, defendeu, con motivo do día de Portugal, a importancia económica da lingua portuguesa.
Fonte: Notícias ao Minuto
A Rede Europea para a Diversidade Lingüística organiza un seminario sobre as mellores prácticas en materia lingüística en Europa
No marco da súa reunión anual, a Rede Europea para a Diversidade Lingüística (NLPD, nas súas siglas en inglés) organizou un seminario co obxectivo de intercambiar as mellores prácticas en materia de política e planificación lingüística en toda Europa.
Fonte: NPLD
Unha estación do metro de Toquio informa en catalán e vasco
O servizo de megafonía da estación de Shin Ōkubo do metro de Toquio (Xapón) ofrece mensaxes en catalán e vasco.
Fonte: Jornalet
Boletín
Subscríbase ao boletín