Mundo

Unha nova edición do Curso de Verán de Portugués Lingua Estranxeira terá lugar na Universidade do Miño

A Universidade do Miño (Braga, Portugal) abriu as inscricións para a 25 edición do seu Curso de Verán de Portugués Lingua Estranxeira.

Fonte: Gazeta do Rossio

Aumenta o interese polo irlandés na educación universitaria

A pesar de que na República de Irlanda a situación da lingua propia é cada vez máis débil, no ensino universitario estase a percibir un incremento no número de estudantes de irlandés.

Fonte: Irish Times

O ensino do inglés introducirase un ano antes nas escolas finlandesas

A partir do outono de 2016, o inglés comezará a impartirse un ano antes nas escolas finlandesas, no segundo curso da educación básica.

Fonte: YLE

O estado de Montana aproba leis para salvar as súas linguas nativas

O gobernador de Montana (EUA), Steve Bullock, aprobou dúas leis para promover e preservar as linguas nativas faladas no estado.

Fonte: Reuters

O menor interese polos estudos lingüísticos facilita o acceso dos estudantes ás mellores universidades do Reino Unido

A caída do interese polos estudos de ámbito lingüístico facilitou o acceso dos estudantes de linguas ás universidades máis prestixiosas do Reino Unido.

Fonte: The Guardian

Deputados timorenses defenden a importancia do portugués

Os deputados de Timor Leste reclaman máis esforzos do Goberno para a aprendizaxe do portugués.

Fonte: Porto Canal

Cimbabue introducirá a aprendizaxe obrigatoria de catro linguas estranxeiras

Unha reforma do ensino do Goberno de Cimbabue aspira a introducir nas escolas a aprendizaxe obrigatoria de catro linguas estranxeiras: o portugués, o francés, o chinés e o suahili.

Fonte: Público

A ferramenta de tradución de Skype está dispoñible agora para o público xeral

A ferramenta de tradución en tempo real de Skype está agora dispoñible para todas aquelas persoas que queiran descargala. Anteriormente estaba restrinxida a un grupo de usuarios.

Fonte: Gizmodo

Un estudo revela que as persoas expostas a varias linguas teñen máis habilidades de comunicación

Un estudo realizado na Universidade de Chicago (EUA) revela que os nenos expostos a diferentes linguas desenvolven mellor as súas habilidades de comprensión e comunicación.

Fonte: Medicalxpress

O Acordo Ortográfico da Lingua Portuguesa é xa obrigatorio en Portugal

Despois dun período de transición de seis anos, o Acordo Ortográfico da Lingua Portuguesa é agora obrigatorio en Portugal. A partir deste momento, os alumnos do ensino público deberán facer os seus exames obrigatoriamente na nova grafía.

Fonte: Correio da Manhã

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder