Mundo
Un informe revela que a Biblia non está traducida ao 57 % das linguas do mundo
Un informe elaborado nos Estados Unidos sinala que a Biblia non está traducida ao 57 % das linguas do mundo.
Fonte: Ecumenical News
Unha asociación a prol da lingua galesa declara que o Xardín Botánico de Gales discrimina o galés
A agrupación a prol da lingua galesa Cymdeithas yr Iaith Gymraeg alertou que o Xardín Botánico Nacional do País de Gales emprega sinais escritos exclusivamente en inglés.
Fonte: Carmarthen Journal
Un mapa interactivo ofrece información e rexistros sonoros das linguas indíxenas de Colombia
O Ministerio de Cultura de Colombia publicou un mapa interactivo que ofrece información e rexistros sonoros de 65 comunidades lingüísticas do país.
Fonte: El Tiempo
O estado de Texas conta xa cunha escola universitaria bilingüe inglés-español
A Universidade Ana G. Méndez inaugurou na cidade texana de Dallas unha escola universitaria bilingüe inglés-español.
Fonte: ViveUsa
Un informe revela a relación que os británicos teñen coa aprendizaxe de linguas estranxeiras
O diario The Guardian e a Academia Británica elaboraron un informe que investiga o porqué do baixo nivel de coñecemento en linguas estranxeiras dos cidadáns británicos.
Fonte: The Guardian
.
YouTube está dispoñible en 15 novas linguas
YouTube, o espazo web destinado á divulgación de vídeos, está agora dispoñible en 15 novas linguas, o que fai un total de 76.
Fonte: Lets-plays
O dicionario da lingua sueca achega novidades para conseguir un idioma máis inclusivo
Co fin de empregar un idioma máis inclusivo, o dicionario da Academia da Lingua Sueca incluirá o pronome neutro "hen" para referirse a persoas transxénero, grupos de diferentes sexos ou en situacións nas que o xénero non é relevante.
Fonte: BuzzFeed
O interese pola lingua alemá medra en todo o mundo
O número de estudantes de lingua alemá medra por primeira vez en máis dunha década e acada os 15,4 millóns en todo o mundo.
Fonte: Deutsche Welle
O portugués podería converterse en lingua oficial de organizacións internacionais
O vicepresidente do Brasil, Michel Temer, declarou que o portugués podería converterse en breve en lingua oficial das principais organizacións internacionais.
Fonte: Notícias ao Minuto
O Acordo Ortográfico podería alterar a pronuncia do portugués nas próximas xeracións
Nunha entrevista realizada en abril de 2012, o escritor portugués Vasco Graça Moura declarara que o Acordo Ortográfico podía alterar a pronuncia da lingua portuguesa nas próximas xeracións.
Fonte: Público
Boletín
Subscríbase ao boletín