Mundo
O ensino do portugués reducirase a 25 minutos por semana no primeiro ano de educación primaria de Timor Leste
Un total de 25 minutos será o tempo dedicado ao ensino do portugués no primeiro ano da educación primaria de Timor Leste.
Fonte: Sapo
O ex-presidente de Timor Leste defende que as linguas nativas do país sexan opcionais
O ex-presidente da República de Timor Leste defende o carácter opcional das linguas nativas nas escolas mais só cando se resolvan outras prioridades que ten o país.
Fonte: Dnotícias
Portugal quere aprobar un novo programa de lingua portuguesa para o ensino básico
O Ministerio de Educación e Ciencia de Portugal informou de que o novo programa de lingua portuguesa para o ensino básico está en proceso de consulta pública e que entrará en vigor no ano académico 2015-2016.
Fonte: Educare
Paraguai quere salvar a lingua manjui
A Secretaría de Políticas Lingüísticas de Paraguai quere elaborar un informe sobre a situación da lingua indíxena manjui, falada por 180 persoas.
Fonte: Terra
Os bancos e as empresas do sector da enerxía do País de Gales deben mellorar os seus servizos en lingua galesa
Un estudo realizado por unha consultoría galesa mostra que os falantes de galés queren que os bancos e as empresas do sector da enerxía melloren os seus servizos en lingua galesa.
Fonte: Wales Online
A reforma educativa de Francia podería pór en risco o ensino das linguas clásicas
A reforma do ensino secundario francés, que entrará en vigor en 2016, podería pór en risco o ensino optativo das linguas clásicas: latín e grego.
Fonte: Europe1
Un estudo revela que as linguas inflúen na maneira de concibirmos o mundo
Un estudo realizado no Reino Unido revela que a nosa visión do mundo está influenciada polas linguas que falamos ou aprendemos.
Fonte: BGR
Linguas como o portugués e o turco poderían deixar de ofrecerse nas escolas británicas
O Partido Laborista británico declarou que, se non se toman medidas urxentes, linguas como o portugués ou o turco poderían desaparecer dos programas escolares.
Fonte: BBC
A CPLP debe apoiar os países membros con maior dificultade para o ensino do portugués
O ministro de Exteriores de Timor Leste, Hernâni Coelho, declarou que a Comunidade de Países de Lingua Portuguesa (CPLP) debe ofrecer maior apoio a membros como Guinea-Bisau e Timor Leste para a promoción do portugués.
Fonte: Sapo
Por primeira vez un escritor de lingua portuguesa entra na final do prestixioso premio literario Brooker
Por primeira vez, un escritor de lingua portuguesa entra na final do prestixioso premio literario Brooker. Trátase do autor mozambicano Mia Couto.
Fonte: Observador
Boletín
Subscríbase ao boletín