Mundo
Un curso de francés para falantes de portugués está agora dispoñible en Duolingo
Duolingo, a aplicación para aprender linguas estranxeiras, ofrece agora un curso de francés para falantes de portugués.
Fonte: IGN
O coreano que se fala nas dúas Coreas é cada vez máis diferente
As diferenzas políticas que existen entre Corea do Norte e Corea do Sur, separadas desde hai 70 anos, fan que as linguas que se falan nos dous países sexan cada vez máis inintelixibles.
Fonte: GuelphMercury
Celébrase a Semana da Lingua Francesa e da Francofonía
A Semana da Lingua Francesa e da Francofonía (14-22 de marzo de 2015) celebra a riqueza e a diversidade do francés, idioma falado nos cinco continentes.
Fonte: Expo Langues
A ministra de Cultura de Francia ve con bos ollos a introdución no francés de léxico procedente doutras linguas
A ministra de Cultura de Francia, Fleur Pellerin, mostrouse favorable á introdución de vocábulos doutros idiomas no francés xa que é enriquecedor para a lingua.
Fonte: The Guardian
O portugués podería converterse en lingua oficial da Organización Internacional da Aviación Civil
As autoridades aeronáuticas de todos os países lusófonos reuniranse na cidade caboverdiana de Praia para converter o portugués en lingua oficial da Organización Internacional da Aviación Civil (IATA).
Fonte: Sapo
O novo reloxo da Apple poderá traducir linguas estranxeiras
O reloxo intelixente Apple Watch poderá traducir frases básicas do inglés a 13 linguas estranxeiras a través da aplicación IHG Translator.
Fonte: Mashable
As linguas indíxenas de Ghana poderían estar en risco de desaparición
O reitor da Universidade de Winneba (Ghana) declarou que o incremento no uso de linguas estranxeiras na transmisión xeracional podería levar as linguas indíxenas á desaparición.
Fonte: Starr
Un congreso de lusitanistas en Alemaña incluirá unha sección de estudos galegos
A cidade alemá de Aquisgrán acollerá en setembro o XI Congreso Alemán de Lusitanistas que leva por título "(R)evolucións e transformacións. O mundo lusófono en movemento" e que contará cunha sección de estudos galegos.
Fonte: GCiencia
O alumnado de primaria de Mozambique poderá estudar en linguas nativas
O Ministerio de Educación de Mozambique anunciou que a partir de 2017 o ensino primario empregará, ademais do portugués, as 16 linguas nativas que se falan no país.
Fonte: Notícias ao Minuto
Un estudo evidencia dificultades no estudo de linguas estranxeiras no ensino público do Reino Unido
Un estudo revela que no Reino Unido as condicións para o estudo de linguas estranxeiras non son favorables e moitos profesores teñen dificultades para que o seu alumnado opte por cursalas, sobre todo nos dous últimos anos do ensino secundario.
Fonte: BBC
Boletín
Subscríbase ao boletín