Mundo
O municipio de Cardiff estuda a apertura dun novo centro para a lingua galesa
O municipio de Cardiff, capital do País de Gales, estuda a apertura dun novo centro para a lingua galesa nas instalacións da antiga biblioteca da cidade.
Fonte: Wales Online
Defensores da lingua galesa critican a Twitter pola falta de mensaxes publicitarias en galés
Defensores da lingua galesa e pequenos comerciantes criticaron a rede social Twitter por non incluír o galés entre as linguas en que publica as súas mensaxes publicitarias.
Fonte: BBC
As bibliotecas municipais dunha localidade israelí non teñen libros en árabe
A cidade israelí de Nazareth Illit recibiu críticas pola falta de libros en lingua árabe nas bibliotecas municipais.
Fonte: Haaretz
O ensino bilingüe non está regulamentado no Brasil
Aínda que existen escolas no Brasil que adoptan un ensino bilingüe, a lexislación actual brasileira non recolle con detalle esta opción educativa.
Fonte: Notícias ao Minuto
Aumenta o número de alumnos do ensino bilingüe francés-bretón
O curso pasado a educación bilingüe francés-bretón incrementouse un 3,4 % no ensino público francés. Actualmente, hai 6887 alumnos que escollen esta opción educativa.
Fonte: Le Telegramme
O primeiro mes de actividade da Escola Virtual da Lingua de Signos Portuguesa acada grande éxito de inscricións
Máis de cinco mil usuarios rexistráronse na Escola Virtual da Lingua de Signos Portuguesa no seu primeiro mes de actividade.
Fonte: TSF
O portugués convértese na terceira lingua estranxeira con maior crecemento nos Estados Unidos
O desenvolvemento da economía brasileira é un dos motivos de que o portugués se convertese na terceira lingua estranxeira con maior crecemento no ensino superior dos Estados Unidos de América.
Fonte: Dnotícias
Pechan unha canle de televisión que emitía en lingua tártara en Crimea
A Federación de Rusia clausurou diversos medios de comunicación de Crimea, entre os que se inclúe a canle de televisión ATR, a principal que emitía en lingua tártara.
Fonte: KyivPost
Decae o número de escolas que imparten grego antigo en Gran Bretaña
O ensino do grego antigo está en decadencia nas escolas británicas. Só 37 centros impartiron a materia no último ano do ensino secundario.
Fonte: The Guardian
A entidade de representación máis importante dos avogados do Brasil propón cambios no Acordo Ortográfico
A Orde dos Avogados do Brasil (OAB, polas súas siglas en portugués) propuxo cambios nas regras do Acordo Ortográfico da Lingua Portuguesa. Un dos asuntos que presenta máis dúbidas é o uso do trazo.
Fonte: O Debate
Boletín
Subscríbase ao boletín