Mundo

Varias manifestacións en Alxeria demandan a oficialidade do tamazight

Varias manifestacións en diferentes cidades da rexión histórica de Cabilia (Alxeria) demandaron, entre outras cousas, a oficialidade da lingua tamazight.

Fonte: Nationalia

Unha universidade brasileira fomenta o ensino da lingua de signos

A Universidade Federal de Sergipe (Brasil) fomentará con actividades a divulgación e o ensino da lingua de signos brasileira.

Fonte: Infonet

Un festival promove en Coímbra a cultura dos países africanos de lingua portuguesa

Un festival fomentará na cidade portuguesa de Coímbra a música, os bailes e a gastronomía dos países africanos de lingua oficial portuguesa.

Fonte: Visão

A Universidade de Aveiro inaugura o seu Instituto Confucio

Grazas á colaboración coa Universidade de Linguas Estranxeiras de Dalian (China), a Universidade de Aveiro (Portugal) inaugurou o seu Instituto Confucio co fin de promover a lingua e cultura chinesas.

Fonte: Visão

O chinés poderá escollerse como materia opcional nas escolas portuguesas

O ministro de Educación de Portugal, Nuno Crato, anunciou que o chinés mandarín pode converterse en materia opcional no ensino primario e secundario.

Fonte: TSF

O Instituto Portugués de Oriente inaugura unha exposición sobre a lingua portuguesa

O Instituto Portugués de Oriente inaugurará en Macau unha exposición que analizará o labor da lingua portuguesa como promotora das relacións culturais entre China e Portugal.

Fonte: Revista Port

A Unesco alerta da desaparición da metade das linguas do mundo

A Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (Unesco, polas súas siglas en inglés) alertou da desaparición da metade das linguas do mundo en 2100.

Fonte: International Business Times

O galés podería desaparecer como lingua viva en Denbingshire

Un informe revela que a lingua galesa podería desaparecer como lingua viva na autoridade unitaria de Denbighshire, no norte de Gales.

Fonte: News North Wales

Unha partida orzamentaria permitirá fomentar o uso do galés nas novas tecnoloxías

Diferentes proxectos relacionados coas novas tecnoloxías recibirán axudas para a promoción da lingua galesa no País de Gales.

Fonte: UK Authority

Schleswig-Holstein estuda declarar linguas oficiais o dinamarqués, o frisón e o baixo alemán

O estado federado alemán de Schleswig-Holstein estuda declarar oficiais as tres linguas minorizadas do territorio: o baixo alemán, o dinamarqués e o frisón.

Fonte: Shz

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder