Mundo

Un informe revela que os servizos en lingua galesa dos bancos son deficitarios

Un informe realizado pola oficina da comisaria da Lingua Galesa, Meri Huws, revelou que os bancos do País de Gales deben ofrecer mellores servizos en galés para garantir os dereitos dos falantes.

Fonte: BBC

As políticas do Goberno chinés poderían facer desaparecer a lingua cantonesa

As políticas do Goberno chinés a favor do mandarín poderían pór en perigo a supervivencia da lingua cantonesa.

Fonte: CBC

Timor Leste celebra a Semana da Lingua Portuguesa

O Parlamento Nacional de Timor Leste celebra a Semana da Lingua Portuguesa cunha importante variedade de actividades culturais.

Fonte: Visão

A Academia da Lingua Italiana non recibirá financiamento da rexión de Toscana

A rexión de Toscana non destinou este ano un só euro para financiar a Academia da Lingua Italiana da Crusca e 30 dos seus colaboradores poderían perder o seu emprego.

Fonte: La Nazione

Un seminario en París celebra o Día da Lingua Portuguesa

O seminario "Contribución da lingua portuguesa na construción dunha identidade comunitaria" será o acto central da celebración do Día da Lingua Portuguesa na universidade parisiense Sorbonne Nouvelle.

Fonte: Notícias ao Minuto

Os contidos de Facebook serán traducidos á lingua silesiana

Os contidos de Facebook traduciranse agora a unha nova lingua minorizada europea, o silesiano, falada en Polonia.

Fonte: Nationalia

Os transportes públicos de Lisboa celebran o Día da Lingua Portuguesa cunha iniciativa literaria

Os transportes públicos de Lisboa exhiben poesía en portugués para celebrar o Día da Lingua Portuguesa e da Cultura na Comunidade de Países de Lingua Portuguesa.

Fonte: Notícias ao Minuto

Unha lingua minorizada de Suecia podería impartirse no ensino preescolar

O elfdaliano, unha lingua escandinava falada por 2500 persoas, podería introducirse no ensino preescolar dunha pequena comunidade do centro de Suecia.

Fonte: The local

Unha revista considera o portugués a segunda lingua máis importante no mundo dos negocios

Segunda a revista Entrepreneur, o español, o portugués e o chinés, son por esta orde, as tres linguas máis importantes do mundo no ámbito dos negocios.

Fonte: Boas Notícias

Un deputado portugués considera que Portugal non fai abondo para reafirmar a lingua portuguesa en Europa

O deputado portugués Ribeiro e Castro (CDS-PP) defendeu que Portugal debería facer máis para reafirmar o portugués como lingua global en Europa.

Fonte: Notícias ao Minuto

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder