Mundo

O ensino da lingua coreana rexistra un importante incremento nos Estados Unidos

De todas as linguas estranxeiras que se estudan nos EUA, o coreano rexistrou o maior incremento proporcional no número de inscricións en cursos de centros de ensino superior.

Fonte: Latimes

O Goberno de Ecuador fortalece a educación intercultural bilingüe

O ministro de Educación de Ecuador anunciou que se rexistrou un incremento no número de alumnos que participan no programa de educación intercultural bilingüe.

Fonte: La Hora

O estado de Texas fomentará a educación bilingüe

O estado de Texas (EUA) aprobou unha proposta de lei para fomentar a educación bilingüe nas escolas de todo o estado.

Fonte: El Diario

A ferramenta de tradución de Skype incorpora agora o italiano e o chinés mandarín

A ferramenta de tradución en tempo real de Skype acaba de incorporar dúas novas linguas: o italiano e o chinés mandarín.

Fonte: Techtudo

Un investigador defende a lingua portuguesa como elemento fundamental para a identidade de Timor Leste

O investigador timorense Luís Costa defende a oficialidade do portugués como valor fundamental para a identidade de Timor Leste.

Fonte: Observatório da Língua Portuguesa

O mirandés convértese nunha das linguas oficiais dunha asociación lusoasturiana

O mirandés converteuse, xunto co portugués, o asturiano e o español, en lingua oficial da recentemente constituída Asociación de Desenvolvemento Asturias-Portugal.

Fonte: Observador

Lisboa acolle un festival de cinema en lingua portuguesa

Lisboa acolle a sexta edición do FESTin, Festival de Cinema Itinerante da Lingua Portuguesa.

Fonte: Rfi português

O Tribunal Unificado de Patentes non terá o portugués como lingua de traballo

Algúns deputados portugueses votaron en contra do acordo que permite a creación do Tribunal Unificado de Patentes por consideralo discriminatorio para a lingua portuguesa.

Fonte: Notícias ao Minuto

Angola presenta as bases para a ratificación do Acordo Ortográfico da Lingua Portuguesa

A República de Angola defende a adopción dun vocabulario ortográfico nacional e a modificación de bases científicas como requisitos para a ratificación do Acordo Ortográfico da Lingua Portuguesa.

Fonte: ANGOP

Especialistas internacionais defenden que o ensino de linguas estranxeiras incide na mellora do sistema educativo

Especialistas en educación do ámbito internacional defenden que o ensino de linguas estranxeiras senta as bases para a mellora substancial do alumnado e do sistema educativo.

Fonte: Público

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder