Mundo

Mostras de ADN revelan a orixe das linguas indoeuropeas

Un estudo de investigación baseado en mostras de ADN revela que a orixe das linguas indoeuropeas podería estar nunha zona que hoxe pertence a Rusia e Ucraína.

Fonte: National Geographic

O Instituto Confucio da Universidade do Miño convoca os exames oficiais de lingua chinesa

O campus de Gualtar da Universidade do Miño acollerá a sexta edición dos exames oficiais de lingua chinesa.

Fonte: Braga TV

Unha conferencia en Hawai aborda a documentación e a conservación das linguas ameazadas

A Universidade de Hawai (EUA) albergou unha conferencia internacional sobre a documentación e a conservación das linguas ameazadas.

Fonte: University of Hawai'i

Un estudo revela que os usuarios de videoxogos desenvolven a súa competencia en lingua inglesa

Un estudo realizado na Universidade de Helsinqui revela que os usuarios de videoxogos ou xogos de computador acadan mellores resultados en lingua inglesa.

Fonte: YLE

Denuncian ante a Comisión Europea o prexuízo que supón a "taxa Google" para as linguas minorizadas

Alternativa Galega de Esquerda en Europa denunciou as consecuencias da coñecida como "taxa Google" (Canon AEDE), xa que a consideran un ataque ao dereito á información e tamén un grave prexuízo para as linguas minorizadas.

Fonte: Código Cero

Unha europarlamentaria irlandesa denuncia a situación do gaélico irlandés na Unión Europea

A europarlamentaria irlandesa Liadh Ní Riada falará durante dúas semanas só en irlandés para denunciar a situación de discriminación que vive a súa lingua nas institucións europeas.

Fonte: Sermos Galiza

Os profesores de inglés someteranse a unha proba de nivel para poder corrixir os exames de ensino básico en Portugal

O Ministerio de Educación e Ciencia portugués esixiralles aos docentes de inglés que se sometan a unha proba de nivel para poder corrixir os exames do terceiro ciclo do ensino básico.

Fonte: Público

Publícase no Perú un mapa que inclúe rexistros sonoros das linguas indíxenas

O Ministerio de Cultura do Perú publicou un mapa interactivo en liña que inclúe información e rexistros sonoros das linguas indíxenas do país.

Fonte: El Comercio

Un dicionario de lingua de signos axudará a combater os prexuízos que sofre a comunidade xorda en Arxentina

Un grupo de investigadores arxentinos está traballando na elaboración dun dicionario de lingua de signos destinado á comunidade de persoas xordas e a docentes de educación especial.

Fonte: Rosario3

Unha nova escola cubrirá as demandas de ensino en lingua galesa na autoridade unitaria de Vale of Glamorgan

Despois dun longo período de consulta pública, a autoridade unitaria de Vale of Glamorgan, no sur de Gales, aprobou a creación dunha escola en lingua galesa que unificará dous centros xa existentes: o Ysgol Gymraeg Nant Talwg e o Ysgol Gyfun Bro Morgannwg.

Fonte: Wales Online

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder