Mundo

Relaciónase o ensino do portugués en Timor Leste co colonialismo

Deputados do Parlamento de Timor Leste criticaron as voces que relacionan o ensino da lingua portuguesa no país co colonialismo.

Fonte: Jornali

O Goberno de Cabo Verde aproba medidas para a protección da lingua crioula

A introdución da lingua materna no sistema público de ensino é unha das medidas aprobadas polo Goberno de Cabo Verde para a protección do crioulo.

Fonte: Observatório da Língua Portuguesa

Morre un dos maiores investigadores da lingua mirandesa

A cultura mirandesa perde un dos seus maiores defensores, o escritor e xurista Amadeu Ferreira, que faleceu na súa casa de Lisboa aos 64 anos. Amadeu Ferreira era ademais o presidente da Asociación da Lingua e Cultura Mirandesas.

Fonte: Público

Especialistas timorenses opóñense ao decreto que lles dá prioridade ás linguas maternas nas primeiras etapas do ensino

Un grupo de especialistas timorenses criticou os decretos aprobados polo Goberno de Timor Leste que dan prioridade ao ensino das linguas maternas nas primeiras etapas educativas e que adían o estudo do portugués ao terceiro ciclo.

Fonte: Notícias ao Minuto

Increméntase o número de estudantes de galés na Patagonia

Un novo informe revela un incremento do número de estudantes de lingua galesa na rexión arxentina da Patagonia, lugar onde se estableceu unha importante comunidade galesa na segunda metade do século XIX.

Fonte: Wales/Cymru

Nace un novo portal con recursos para o ensino de linguas modernas en Francia

A Dirección Xeral do Ensino de Francia publicou un novo portal con recursos para o ensino de linguas modernas en escolas e universidades.

Fonte: Vousnousils

A lingua cokwe inclúese no sistema educativo nacional de Angola

A Dirección de Educación do Goberno de Angola anunciou a introdución da lingua nacional cokwe no sistema público de ensino.

Fonte: ANGOP

Un filme en irlandés gaña un premio no Festival de Cinema de Boston

O filme de fala irlandesa An Bronntanas (O agasallo) recibiu o premio especial do xurado no Festival de Cinema de Boston (EUA).

Fonte: RTÉ

O novo programa de desenvolvemento educativo de Angola prevé a avaliación da aprendizaxe das linguas nacionais

O novo Plan Nacional de Desenvolvemento da Educación de Angola prevé a avaliación do nivel de aprendizaxe das linguas nacionais do país.

Fonte: África 21

A última falante da lingua wukchumni traballa na elaboración dun dicionario

A última falante do idioma wukchumni, do estado de California (EUA), traballa desde hai anos na elaboración do primeiro dicionario desta lingua.

Fonte: Hyperallergic

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder