Mundo
Os internautas xa poden consultar catro vocabularios nacionais da lingua portuguesa
Os internautas poden consultar no portal do Instituto Internacional da Lingua Portuguesa os vocabularios nacionais de Portugal, Brasil, Mozambique e Timor Leste.
Miranda do Douro conmemora o Día Internacional da Lingua Materna coa publicación de textos en mirandés
O Goberno municipal de Miranda do Douro conmemorou o Día Internacional da Lingua Materna coa publicación nas redes sociais de fragmentos de textos escritos en mirandés.
Fonte: Notícias ao Minuto
Os portugueses de Macau non dominan o cantonés
Os portugueses que viven en Macau aínda non dominan a lingua local: o cantonés. Dúas das razóns son as dificultades na aprendizaxe e o pouco prestixio que a lingua local ten respecto ao mandarín.
Fonte: Açoriano Oriental
Ponse en dúbida a necesidade dos exames de linguas oficiais no Canadá
Un ex-ministro canadense puxo en dúbida a necesidade das probas de linguas que se realizan no Canadá para obter a residencia permanente.
Fonte: Notícias ao Minuto
Defensores da lingua galesa defenden que todos os nenos e nenas dominen o galés ao rematar o ensino obrigatorio
Un grupo de activistas a prol da lingua galesa escribiulle unha carta ao ministro galés de Educación para demandar que todos os nenos e nenas falen galés con fluidez ao remataren o ensino obrigatorio.
Fonte: Wales Online
Iníciase unha campaña para demandar un uso máis cabal da lingua italiana por parte das institucións
Un grupo de xornalistas iniciou unha campaña para demandar un uso máis sensato do italiano por parte das institucións públicas e os medios de comunicación e evitar o uso crecente de anglicismos.
Fonte: Libreriamo
Un membro do Goberno botswaniano fai un chamamento para salvagardar as linguas nativas do país
Con motivo da celebración do Día Internacional da Lingua Materna, o viceministro de Goberno Local e Desenvolvemento Rural de Botswana, Frans Van der Westhuisen, defendeu a salvagarda e promoción das linguas locais.
Fonte: Mmegi
O asistente persoal Siri estará dispoñible en portugués
A próxima versión de Siri, o asistente persoal dos dispositivos móbiles de Apple, incluirá, ademais do portugués, o inglés da India, o dinamarqués, o neerlandés, o ruso, o sueco, o tailandés e o turco.
Fonte: Agência Notícias
Un informe revela que os estadounidenses estudan cada vez menos linguas estranxeiras
Un informe realizado pola Asociación de Linguas Modernas (MLA, polas súas siglas en inglés) revela unha caída no número de estudantes de linguas estranxeiras nos Estados Unidos.
Fonte: The Washington Post
Publícase un libro sobre o patrimonio lingüístico da rexión do Algarve
Un grupo de mozos publicou o libro Heróis à Moda do Algarve que aborda a protección do patrimonio lingüístico da rexión portuguesa do Algarve.
Fonte: DiáriOnline
Boletín
Subscríbase ao boletín