Mundo
A aprendizaxe do gaélico escocés acada popularidade en Nova Escocia
Na provincia canadense de Nova Escocia, habitada por moitos descendentes escoceses, o estudo do gaélico escocés nas escolas públicas está acadando gran popularidade. O que comezou cun simple curso extraescolar é agora unha materia troncal en sete centros educativos da provincia.
Fonte: CBC News
As escolas de Bolivia ensinarán cinco novas linguas orixinarias
As escolas bolivianas empezarán a impartir clases de cinco novas linguas orixinarias: chiquitano, uru, afroboliviano, ignaciano e guaraio.
Fonte: Erbol
Un lingüista recompila 130 000 palabras dunha lingua indíxena mexicana
O lingüista mexicano José Luis Iturrioz recompila e define 130 000 termos da lingua indíxena huichol que se fala nos estados mexicanos de Xalisco, Nayarit e en zonas de Durango e Zacatecas.
Fonte: El Universal
Un tribunal administrativo anula a oficialización do éuscaro nunha vila do País Vasco francés
O tribunal administrativo da cidade francesa de Pau anulou unha resolución da localidade vascofrancesa de Ustaritze para converter o éuscaro en lingua oficial do municipio.
Fonte: Le Figaro
O Instituto Confucio ofrece cursos de lingua e cultura chinesas en Río Grande do Sur
O Instituto Confucio ofrece dous cursos de lingua e cultura chinesas na Universidade Federal de Río Grande do Sur (Brasil).
Fonte: CBN
Un estudo relaciona o clima coa evolución das linguas
Un estudo elaborado por un catedrático de Miami revela que o clima inflúe na evolución das linguas.
Fonte: Scientific American
Un mapa interactivo mostra a tradución dunha palabra nas diferentes linguas do mundo
O mapa Wordmap mostra a tradución dunha determinada palabra nas diferentes linguas do mundo e a extensión das diferentes familias lingüísticas no planeta.
Fonte: Daily Mail
A Universidade do Algarve ofrece novos cursos de linguas
O Centro de Linguas da Universidade do Algarve ofrece novos cursos de linguas para o segundo semestre deste ano académico.
Fonte: Sulinformação
Unhas 60 linguas indíxenas corren o risco de desaparecer no Brasil
Segundo as estimacións de especialistas na materia, 60 linguas indíxenas corren o risco de desaparecer no Brasil, o que representa o 30 % do total estimado de idiomas falados no país.
Fonte: Cruzeiro do Sul
A presenza das linguas nativas na música é imprescindible para a valorización da identidade cultural de Angola
A utilización dos idiomas nacionais de Angola na música é un elemento imprescindible para valorar e reforzar a identidade cultural, declarou a cantante angolana Lina Alexandre.
Fonte: ANGOP
Boletín
Subscríbase ao boletín