Mundo
Expertos internacionais consideran o brahui a lingua máis antiga do mundo
Con motivo da conferencia internacional sobre a lingua e a cultura do pobo brahui, celebrada en Islamabad (Paquistán), un grupo de expertos lingüistas defendeu que a lingua brahui, da que proceden as linguas drávidas da civilización do Indo, é unha das máis antigas do mundo.
Fonte: Pakistan Today
Duolingo lanza un servizo de aprendizaxe de linguas para centros educativos
A plataforma para a aprendizaxe de linguas en liña Duolingo puxo en marcha un servizo destinado aos centros educativos para a aprendizaxe de linguas.
Fonte: Notícias ao Minuto
Ponse en marcha un centro de linguas na Universidade de Évora
Este novo centro de linguas pretende responder á "enorme demanda" de cursos de linguas estranxeiras por parte da comunidade académica e da sociedade.
Fonte: Correio da Manhã
Un encontro na vila galesa de Carmarthen analiza o futuro do galés
Membros da agrupación a prol da lingua galesa Cymdeithas yr Iaith Gymraeg reuníronse nun encontro público na vila galesa de Carmarthen para analizar o futuro e fortalecemento da lingua galesa no municipio.
Fonte: Carmarthen Journal
Un centro de Macau ocuparase de formar profesores de lingua portuguesa
O Centro Pedagóxico e Científico da Lingua Portuguesa de Macau comezará a formar docentes de portugués en China.
Un lingüista defende que a maior parte das linguas que se falan no mundo desaparecerá no próximo século
Un lingüista da Universidade de Columbia (EUA) defende que o 90 % das linguas que hoxe se falan no mundo desaparecerá no próximo século.
Fonte: Visão
Dúas universidades estadounidenses contratan profesores para ofertar cursos de cultura e lingua portuguesas
As universidades estadounidenses de Massachusetts Lowell e de Brown, en Rhode Island, contratarán docentes para impartir cursos sobre diferentes aspectos da cultura e da lingua portuguesas.
Fonte: Jornali
Unha empresa petrolífera angolana apoia un concurso literario en lingua portuguesa
A empresa Sociedade Nacional de Combustibles de Angola (Sonangol) destinará unha axuda económica a un premio literario para escritores dos Países Africanos de Lingua Oficial Portuguesa (PALOP).
Fonte: Sapo
Unha ministra angolana defende a difusión da literatura en lingua portuguesa
A ministra de Cultura de Angola, Rosa Cruz e Silvia, defendeu nun encontro literario a difusión da obra dos escritores lusófonos para espallar o seu coñecemento entre os máis novos.
Fonte: Sapo
A BBC formará xornalistas que falen dúas linguas
BBC Mundo ofrecerá un novo programa de formación para xornalistas británicos que falen inglés e unha das 28 linguas que emprega habitualmente este servizo de noticias.
Fonte: News on news
Boletín
Subscríbase ao boletín