Mundo

O Goberno de Timor Leste introduce a aprendizaxe das linguas maternas nos primeiros niveis do ensino

Por medio de dous decretos lei, o Goberno timorense introducirá o ensino das linguas maternas nos niveis máis básicos do sistema educativo. O portugués comezará a impartirse como lingua principal só a partir do terceiro ciclo do ensino primario.

Fonte: RTP Notícias

Unha alta porcentaxe de checos ten nocións básicas dunha lingua estranxeira

Unha enquisa realizada na República Checa revela que case tres de cada catro checos teñen coñecementos básicos de polo menos unha lingua estranxeira.

Fonte: Prague Daily Monitor

Retiran do mercado un dicionario de bretón pola abundante presenza de erros

A editorial francesa Larousse retirou do mercado o dicionario Le Breton dans votre poche ("O bretón no seu peto") pola abondosa presenza de erros. A corrección correrá a cargo da Oficina Pública da Lingua Bretoa.

Fonte: Lé Télégramme

A cooperación entre Portugal e Timor Leste en materia de lingua portuguesa desenvolverase en 13 centros de aprendizaxe

Un total de 13 escolas desenvolverá en Timor Leste o protocolo de cooperación en materia de lingua portuguesa entre Portugal e este país asiático.

Fonte: Observatório da Língua Portuguesa

Unha exposición en Río de Xaneiro tenta concienciar sobre a desaparición das linguas indíxenas

Unha exposición, inspirada no mito do papagaio de Alexander von Humboldt, tenta en Río de Xaneiro concienciar sobre a necesidade de protexer as linguas indíxenas de América Latina.

Fonte: EBC

Preséntase unha proposta no Parlamento Europeo para garantir a supervivencia das linguas minoritarias

O Parlamento Europeo presentou unha folla de ruta para garantir a supervivencia das linguas minoritarias na Unión Europea. Ao acto acudiron representantes do Instituto Navarro do Éuscaro.

Fonte: Diario de Navarra

Créase unha clase bilingüe árabe-hebreo nunha escola primaria da localidade xudía de Jafa

O municipio xudeu de Tel Aviv-Jafa abrirá unha clase bilingüe hebreo-árabe na escola primaria Kiryat Hinuch Yaffo. A iniciativa correrá a cargo dunha asociación sen ánimo de lucro.

Fonte: Haaretz

Unha asociación en defensa da lingua galesa oponse ao peche de dúas escolas de ensino en galés

A agrupación a prol da lingua galesa Cymdeithas yr Iaith Gymraeg mostrou a súa oposición a un informe que recomenda o peche de dúas escolas de ensino en galés, Ysgol Llangynfelyn e Ysgol Cwmpadarn, no condado de Ceredigion.

Fonte: Wales Online

A presenza da lingua portuguesa incrementouse por riba do 10 % nas universidades dos EUA

Un estudo revela que, entre 2009 e 2014, a lingua portuguesa é a que máis medrou en número de alumnos nas universidades dos EUA.

Fonte: Observador

Un proxecto de ensino de linguas estranxeiras loita contra a exclusión social en Leiría

Un proxecto impulsado por unha asociación de Leiría (Portugal) tenta combater a exclusión social da comunidade de persoas inmigradas por medio da aprendizaxe de linguas.

Fonte: Observador

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder