Mundo

Convócase unha nova manifestación a favor da lingua occitana

Unha manifestación a favor da lingua occitana, convocada polo Instituto de Estudos Occitanos e as escolas de inmersión Calandretes, percorrerá as rúas de Montpellier o vindeiro 24 de outubro.

Fonte: Nationalia

Publícase en internet un dicionario de linguas aborixes de Australia

Un investigador da Universidade Charles Darwin (Australia) creou o primeiro dicionario en liña das linguas aborixes yolngu do Territorio do Norte de Australia.

Fonte: SBS

Apóstase por unha maior valorización da lingua portuguesa no Vaticano

O patriarca de Lisboa, Manuel Clemente, defendeu unha maior presenza da lingua portuguesa no traballo dos cardeais e da Santa Sé.

Fonte: Jornali

Garántese o ensino da lingua portuguesa en Timor Leste

O ministro de Educación de Timor Leste, Fernando La Sama de Araújo, garantiu o desenvolvemento do portugués no país asiático despois de que se publicasen dous decretos lei que o introducen como idioma principal só a partir do terceiro ciclo.

Fonte: Sapo

Encontran en Dinamarca o primeiro libro escrito en éuscaro labortano clásico

O libro Doctrina Christiana, o primeiro escrito en éuscaro labortano clásico, apareceu en Dinamarca despois de levar desaparecido durante séculos.

Fonte: El País

Cada vez máis países mostran interese pola lingua portuguesa

Marisa Mendonça, responsable do Instituto Internacional da Lingua Portuguesa (IILP), defende que cada vez máis países se interesan por programas de ensino de portugués.

Fonte: Notícias ao Minuto

Créase o Rexistro de Intérpretes en Linguas Indíxenas na Arxentina

O tribunal da provincia de Bos Aires, en Arxentina, aprobou a creación do Rexistro de Intérpretes en Linguas Indíxenas do país, entre as que se destacan, entre outros idiomas, o mapuche, o colla e o toba.

Fonte: Global Voices

Un estudo revela novos datos sobre a orixe das linguas indoeuropeas

Un estudo dunha universidade estadounidense revela información máis precisa sobre o lugar e a época en que se orixinaron as linguas indoeuropeas.

Fonte: EurekAlert

Só unha pequena porcentaxe dos estudantes universitarios británicos decide cursar estudos de linguas estranxeiras

O ano pasado, só un de cada 65 novos estudantes que comezaron a universidade no Reino Unido decidiu cursar estudos en linguas modernas.

Fonte: The Conversation

Os deputados timorenses defenden o portugués e o tetún como linguas oficiais do país

Os deputados do Parlamento de Timor Leste reiteraron o seu apoio ao portugués e ao tetún como linguas oficiais do país asiático e defenderon a súa protección no sistema educativo.

Fonte: Observatório da Língua Portuguesa

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder