Mundo
A páxina de televisión en liña da canle en lingua galesa S4C ten cada vez máis demanda
Un informe da BBC revela que cada vez máis persoas consomen contidos en lingua galesa na páxina de televisión en liña da canle S4C.
Fonte: Cable
Defenden a importancia de Portugal na expansión internacional da lingua portuguesa
O antigo ministro portugués de Asuntos Exteriores, Luís Amado, defendeu con motivo do Festival da Lusofonía de Lisboa o papel responsable que ten Portugal na expansión e promoción da lingua portuguesa no mundo.
Fonte: Notícias ao Minuto
Australia introducirá nas escolas o primeiro currículo pensado no ensino das linguas aborixes
A partir do mes de outubro está dispoñible o primeiro currículo nacional pensado no ensino das linguas aborixes australianas.
Fonte: The Guardian
Unha artista británica publica un dicionario ilustrado de palabras sen tradución
A artista británica Marija Tiurina publicou o libro Untranslatable Words onde ilustra con imaxes o significado de palabras difíciles de traducir en varias linguas do mundo.
Fonte: Observador
O Perú crea o primeiro rexistro civil bilingüe castelán-awajún
O Rexistro Nacional de Identificación e Estado Civil do Perú creou o primeiro rexistro civil en liña en dúas linguas: castelán e awajún.
Fonte: Andina
O Instituto Internacional da Lingua Portuguesa móstrase optimista coa aplicación do Acordo Ortográfico
O Instituto Internacional da Lingua Portuguesa (IILP) mostrouse optimista sobre a aplicación do Acordo Ortográfico xa que, en palabras da súa directora executiva, o acordo non está en causa en ningún país da Comunidade de Países de Lingua Portuguesa (CPLP).
Fonte: TVI24
A lingua de signos estará presente no Goberno Municipal de Lisboa
Un acordo asinado coa Federación Portuguesa de Asociacións de Xordos permitirá que as reunións públicas do Goberno Municipal de Lisboa sexan interpretadas á lingua de signos.
Fonte: Notícias ao Minuto
A illa de Jersey contará cunha escola bilingüe inglés-francés
O responsable de educación de Jersey prevé a apertura dunha escola bilingüe inglés-francés que fomente os trazos culturais e históricos propios desta illa.
Fonte: BBC
O ministro portugués de Exteriores aposta por incrementar a investigación da lingua portuguesa
O ministro de Asuntos Exteriores de Portugal, Rui Machete, declarou que a investigación sobre o potencial económico da lingua portuguesa podería contribuír ao seu recoñecemento internacional.
Fonte: TSF
Unha nova lei potenciará o ensino das linguas nativas no estado de Novo México
Os senadores do estado de Novo México (EUA) defenderán a aprobación dunha lei que garante a protección das linguas nativas mediante a introdución do seu ensino nas escolas.
Fonte: KRQE News
Boletín
Subscríbase ao boletín