Mundo
Demandan máis apoio para a promoción da lingua inuit en Nunavut
Dous organismos do territorio autónomo de Nunavut (Canadá) demandaron ao Goberno canadense máis apoio para a aprendizaxe e promoción da lingua inuit ou inuktitut.
Fonte: Nationalia
Os mellores estudantes de portugués en China poderán optar a un premio para aprender portugués en Portugal
Os mellores estudantes chineses de portugués poderán optar ao premio anual Tomás Pereira que lles permitirá realizar un curso de lingua portuguesa en Portugal.
Fonte: Expresso
A falta de diñeiro impide que o portugués se converta en lingua oficial de organizacións internacionais
A directora xeral da Comunidade de Países de Lingua Portuguesa declarou que a falta de orzamento impide que o portugués se poida converter en lingua oficial de máis organismos internacionais.
Fonte: Port.com
A eliminación das licenzas televisivas no Reino Unido podería pór en perigo a canle en lingua galesa S4C
Os plans do partido conservador británico de eliminar as licenzas televisivas para a BBC podería pór en perigo a supervivencia da principal canle en lingua galesa S4C.
Fonte: Wales Online
Reabre o Centro da Lingua Portuguesa de Angola
O Instituto Superior de Ciencias da Educación de Angola e o Instituto Camões reabren o Centro da Lingua Portuguesa de Luanda que significará un estímulo para o ensino do portugués.
Fonte: Sapo
Un responsable da ONU declara que a CPLP debe esixirlles aos seus membros unha verdadeira adhesión á lingua portuguesa
O secretario executivo da Comisión Económica para África das Nacións Unidas declarou que a Comunidade de Países de Lingua Portuguesa debe esixirlles a todos os seus membros que adopten verdadeiramente a lingua portuguesa.
Fonte: Sapo
O director dunha escola privada de Gales declara que o estudo do galés fai que os alumnos sexan máis febles academicamente
O director da escola privada Ruthin no País de Gales foi protagonista dunha polémica sobre a lingua galesa despois de declarar que os estudantes que teñen o galés como lingua de instrución son máis febles academicamente que os compañeiros que aprenden en inglés.
Fonte: Wales Online
O Jornal de Notícias retomará en breve a súa edición en braille
A nova edición en braille do xornal portugués Jornal de Notícias terá unha tiraxe de 1000 exemplares e será distribuída noutros países lusófonos.
Fonte: Jornali
Máis escolas de Flandres impartirán materias en linguas estranxeiras
Un proxecto educativo permitirá que 18 novos centros de ensino de Flandres (Bélxica) impartan a partir de setembro materias técnicas en linguas estranxeiras.
Fonte: Expatica
Un proxecto tenta preservar o legado lingüístico de 35 comunidades indíxenas brasileiras
Unha iniciativa inédita, coordinada polo Museo do Indio e co apoio da UNESCO, pretende documentar o legado lingüístico de 35 etnias brasileiras para salvalas da extinción.
Fonte: Notícias ao Minuto
Boletín
Subscríbase ao boletín