Mundo

A cidade brasileira de Curitiba acolle ata o 30 de xuño diversas actividades para celebrar as Letras Galegas

Desde o sábado 16 de maio ata o martes 30 de xuño de 2015 a Universidade Federal do Paraná, en colaboración co Instituto Cervantes de Curitiba, organiza diversos actos en conmemoración do Día das Letras Galegas, que na presente edición homenaxea a Xosé Fernando Filgueira Valverde. A programación inclúe conferencias, lecturas poéticas, exposicións e actuacións musicais.

Fonte: Instituto Cervantes

Unha aplicación móbil axudará os nenos a aprender a lingua támil

Un responsable do Goberno de Singapur anunciou nunha conferencia a introdución dunha aplicación móbil que lles permitirá aos máis novos entender a lingua támil, unha das catro oficiais do país.

Fonte: The Economic Times

Apróbase a localización do novo Centro da Lingua e Cultura Galesas en Cardiff

O Novo Centro da Lingua e Cultura Galesas de Cardiff terá como obxectivo a promoción e protección da lingua galesa na capital de Gales e localizarase no edificio da antiga biblioteca municipal.

Fonte: BBC

O Goberno tunisiano introducirá o portugués nas escolas

Tunisia e Portugal asinaron un acordo que permitirá a introdución do portugués como lingua estranxeira no ensino.

Fonte: Dnotícias

Estréase un proxecto teatral galego-portugués no Teatro Nacional D. Maria II de Lisboa

O Teatro Nacional D. Maria II de Lisboa presenta Bilingue, un proxecto teatral galego-portugués.

Fonte: Visão

Máis do 10 % das persoas censadas en Irlanda fala unha primeira lingua diferente do irlandés e o inglés

Un estudo realizado pola Oficina Central de Estatística de Irlanda revelou que máis dun 10 % das persoas con residencia neste país fala como primeira lingua un idioma diferente do irlandés ou inglés. As linguas estranxeiras máis faladas son o polaco, o francés e o lituano.

Fonte: Irish Times

Un informe constata a caída do estudo de linguas estranxeiras en Gales

Un informe revela un descenso no número de alumnos de secundaria que deciden estudar unha lingua estranxeira no País de Gales.

Fonte: BBC

Anúnciase a creación da Oficina Pública da Lingua Occitana

O conselleiro rexional de Aquitania, Dàvid Grosclaude, decidiu pór fin á súa folga de fame iniciada hai uns dais despois de recibir unha carta que anuncia a creación da Oficina Pública da Lingua Occitana.

Fonte: Jornalet

As escolas portuguesas de ensino primario poderán ofrecer materias de linguas clásicas

A partir do próximo ano lectivo, o ensino primario de Portugal poderá ofertar a materia optativa "Introdución á cultura e ás linguas clásicas" ou variantes.

Fonte: Público

Ábrese a porta á ratificación da Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias en Francia

O presidente de Francia, François Hollande, declarou que se posiciona a favor de ratificar a Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias.

Fonte: Jornalet

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder