Mundo
Algunhas escolas de ensino básico de Leiría impartirán chinés mandarín
O Instituto Politécnico de Leiría (Portugal) reforza a súa formación lingüística coa introdución de clases de chinés mandarín en escolas de ensino básico.
Fonte: Leiria Económica
O número de estudantes de linguas estabilízase no Canadá por primeira vez despois de 2013
Despois dunha marcada caída en 2013, as cifras de estudantes de linguas estabilizouse no Canadá e pasou a aumentar un 6 %.
Fonte: The pie news
Presentan unha proposta de lei para a normalización do sardo en Sardeña
O grupo "Sardegna Vera" presentou unha proposta de lei que garante a plena normalización do sardo en toda a rexión de Sardeña.
Fonte: Castedduonline
Un proxecto piloto quere introducir o chinés mandarín nas escolas secundarias portuguesas
O Ministerio de Educación e Ciencia de Portugal asinará un protocolo co Instituto Confucio para ofrecer chinés mandarín en escolas secundarias a partir do próximo ano académico.
Fonte: Renascença
Publícase unha escolma de literatura occitana en lingua inglesa
Publícase en inglés unha antoloxía de 780 páxinas sobre literatura occitana que contén textos do século X e ata o presente século XXI.
Fonte: Jornalet
O irlandés esmorece nas zonas de fala gaélica
Un estudo baseado en datos do censo entre 2006 e 2011 mostra un forte declive no uso do irlandés nas zonas de fala gaélica ("gaeltacht").
Fonte: Irish Central
Valentín García participa no seminario "Lingua, sociedade civil e acción exterior" da Academia Galega da Lingua Portuguesa
O secretario xeral de Política Lingüística participou no seminario "Lingua, sociedade civil e acción exterior" da Academia Galega da Lingua Portuguesa.
Fonte: Xunta de Galicia
Google Tradutor adopta unha lingua máis coloquial
A ferramenta de tradución automática de Google adopta unha lingua máis coloquial co fin de evitar as traducións literais e pouco idiomáticas.
Fonte: Daily Mail
Case a metade dos escolares de Nova York fala na casa unha lingua diferente ao inglés
Un informe revela que case a metade dos escolares de centros públicos da cidade de Nova York non fala inglés como primeira lingua na contorna familiar.
Fonte: New American
Inaugúrase o VIII curso de verán de lingua e cultura galegas para persoas estranxeiras da Universidade da Coruña
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria participou na inauguración da sétima edición do curso de verán de lingua e cultura galegas para persoas estranxeiras que organizan a Universidade da Coruña (UDC) e mais o departamento dirixido polo conselleiro Román Rodríguez.
Fonte: Xunta de Galicia
Boletín
Subscríbase ao boletín