Mundo
As Primeiras Nacións do Canadá reclaman a oficialidade das súas linguas propias
Perry Bellegarde, líder da Asemblea das Primeiras Nacións do Canadá reclamou que o Goberno federal recoñeza oficialmente sesenta linguas autóctonas e que garanta a súa supervivencia por medio de programas de inmersión nas escolas.
Fonte: Nationalia
Dous terzos dos galeses rexeitan a obrigatoriedade do alumnado a estudar galés ata os 16 anos
Unha enquisa realizada para o servizo de noticias da canle ITV revela que dous terzos das persoas entrevistadas consideran que non debe ser obrigatorio que os escolares do País de Gales estuden galés ata os 16 anos de idade.
Fonte: ITV
Un dos principais diarios de tiraxe nacional en México publica unha edición en lingua maia
O diario mexicano La Jornada lanzou unha edición con contido en maia, a segunda lingua indíxena de México.
Fonte: Global Voices
O departamento de Tarn pon de relevo a lingua occitana
O departamento occitano de Tarn (Francia) pon de relevo nun informe a lingua occitana como ferramenta de promoción turística.
Fonte: Jornalet
Nace un proxecto de comunicación en lingua friulana
A Cooperativa de Información Friulana desenvolveu Fûrxfur, un proxecto de comunicación integrado en lingua friulana financiado pola Axencia Rexional da Lingua Friulana (ARLEF).
Fonte: Udine Today
Publican un dicionario da alimentación en liña en 9 linguas
Unha empresa italiana publicou un dicionario da alimentación en 9 linguas: italiano, inglés, alemán, francés, español, portugués, chinés e ruso. O dicionario está dispoñible en versión electrónica e como aplicación para Android.
Fonte: Il Velino
Un informe do British Council considera que o árabe é a segunda lingua estranxeira máis importante no Reino Unido
Un informe do British Council, a organización internacional do Reino Unido para a promoción cultural e as oportunidades do ensino, publicou un informe que revela que o árabe é a segunda lingua máis importante para a prosperidade económica e cultural do Reino Unido.
Fonte: Metro
O navegador de Google poderá corrixir ortograficamente varias linguas de maneira simultánea
O navegador de Google incorporará unha función que permitirá a corrección ortográfica simultánea en varios idiomas.
Fonte: Softzone
Créase unha escola virtual en lingua de signos en Portugal
A Asociación de Xordos do Porto (Portugal) creou a primeira escola virtual do mundo en lingua de signos: a Escola Virtual de Lingua de Signos.
Fonte: Porto Canal
Unha universidade mexicana organiza un obradoiro sobre documentación de linguas indíxenas
O Máster de Estudos Amerindios e Educación Bilingüe e o Laboratorio de Educación e Mediación Intercultural da Universidade Autónoma de Querétaro (México) organizaron un obradoiro de documentación comunitaria de linguas indíxenas co obxectivo de desenvolver proxectos de preservación do patrimonio lingüístico e cultural.
Fonte: Am de Querétaro
Boletín
Subscríbase ao boletín