Mundo

O Goberno de Bolivia quere que os funcionarios aprendan linguas nativas

O Goberno de Bolivia quere que a partir de agora os funcionarios públicos falen, ademais do castelán, a lingua nativa do lugar onde traballen, condición indispensable para desempeñar o cargo público.

Fonte: Sputnik News

O Goberno de Gales quere investir máis diñeiro na promoción da lingua galesa na Patagonia

Nos actos do 150 aniversario da chegada da comunidade galesa á Patagonia (Arxentina), o ministro principal do País de Gales, Carwyn Jones, prometeu destinar máis diñeiro a un proxecto de promoción da lingua galesa.

Fonte: South Wales Evening Post

Perú e Colombia subscriben acordos para reforzar as políticas de fomento das linguas indíxenas

Os ministerios de Cultura de Colombia e Perú subscribiron acordos co obxectivo de reforzar as súas políticas de protección e de fomento das linguas indíxenas.

Fonte: Ministerio de Cultura de Perú

Unha iniciativa pedirá a integración do portuñol na lista de Patrimonio Inmaterial da Humanidade da Unesco

Un grupo de historiadores, artistas e lingüistas organizou en Uruguai un ciclo de conferencias para solicitar a integración do portuñol na lista de Patrimonio Inmaterial da Humanidade da Unesco.

Fonte: República

Biarritz converterase na primeira localidade francesa en contar cun servizo dedicado á lingua vasca

Desde hai máis de vinte anos o municipio de Biarritz está comprometido co éuscaro en aspectos como a sinalización bilingüe, o seu uso na comunicación etc. Agora pretende ir máis lonxe coa súa política lingüística poñendo en marcha un servizo municipal dedicado á lingua vasca.

Fonte: Sudouest

Un seminario tratará a situación da lingua portuguesa en Angola

O seminario celebrarase en Lubango o 26 de agosto no marco da conmemoración do 40 aniversario da independencia de Angola.

Fonte: Angop

Segundo unha enquisa, os británicos senten temor a falar linguas estranxeiras

Os resultados da sondaxe amosan que a unha cuarta parte dos británicos prodúcelles tensión falar unha lingua estranxeira.

Fonte: Sputnik

A rede de Ensino de Portugués no Estranxeiro contará con menos horarios malia o aumento do alumnado

Segundo os datos do Instituto Camões, pasarase de 317 (2014-2015) a 314 (2015-2016) horarios/profesores, mentres que os estudantes aumentarán de 43 003 a 44 196.

Fonte: Notícias ao Minuto

A escasa utilización das linguas indíxenas de Costa Rica sitúaas en risco de desaparición

Cada vez menos persoas en Costa Rica coñecen as linguas autóctonas, motivo polo cal os sete idiomas indocostarriqueños están en risco de desaparecer.

Fonte: La Nación

São Paulo acolle a Primeira Mostra de Cine nas Linguas Cooficiais de España

O Instituto Cervantes de São Paulo organizou esta mostra que permitirá a exhibición de producións realizadas en éuscaro, catalán e galego na maior cidade de Brasil.

Fonte: Aguas Digital

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder