Mundo

Un estudo revela que os supermercados de Gales non mostran interese por incluír o galés na sinalización

Un estudo recente revela que a maior parte das cadeas de supermercados que operan no País de Gales non mostra interese por empregar carteis bilingües galés-inglés.

Fonte: Wales Online

A Universidade de California, en Berkeley, ofertará por vez primeira clases de islandés

A Universidade de California, en Berkeley (EUA), ofertará por primeira vez un curso regular de lingua islandesa co obxectivo de achegar o alumnado estadounidense á lingua e cultura deste estado insular europeo.

Fonte: UC Berkeley

Un proxecto podería axudar a preservar unha variedade lingüística portuguesa

O Centro Interdisciplinario de Documentación Lingüística e Social (CIDLeS) está a buscar financiamento para un proxecto de recuperación do minderico, lingua secreta usada por fabricantes e vendedores de cobertores da vila portuguesa de Minde e que hoxe conta aínda con 150 falantes activos.

Fonte: Notícias ao Minuto

A vila galesa de Neath lanza un proxecto para fomentar o uso do galés

A vila galesa de Neath lanzou un proxecto piloto que consiste en habilitar áreas de fala galesa na localidade para fomentar e incrementar o uso da lingua vernácula.

Fonte: South Wales Evening Post

O 15 % da poboación uruguaia ten un dialecto do portugués como lingua materna

Un director do Ministerio de Educación e Cultura do Uruguai declarou que un 15 % da poboación do país fala un dialecto que ten a súa orixe no portugués oral.

Fonte: Sapo

O Xapón tomará medidas para protexer as súas linguas ameazadas

Un voceiro do Ministerio de Educación do Xapón declarou que o país tomará medidas para protexer as oito linguas nativas que a UNESCO considerou que estaban en risco de desaparición.

Fonte: El Universal

A montaña máis alta dos EUA recupera o seu nome indíxena

A montaña máis alta dos EUA recuperou o seu nome indíxena na lingua local do pobo athabasca. "Denali" é a nova denominación que pasa a ser oficial a todos os efectos.

Fonte: Diário de Notícias

A desaparición dun posto docente de gaélico escocés podería pór en risco a inmersión lingüística na illa de Skye

Os pais do alumnado da primeira escola de fala gaélica de Escocia, a Bun-sgoil Shleite, na illa de Skye, temen que o recorte dun posto docente poida pór en risco a inmersión lingüística en gaélico escocés.

Fonte: BBC

Unha moza de 14 anos namora as redes sociais coas súas cancións en quechua

Unha moza peruana acada grande éxito nas redes sociais coas súas cancións en quechua. Trátase de versións de artistas famosos e o seu obxectivo é revitalizar a súa lingua nativa.

Fonte: CTV News

Un encontro internacional contribuirá á promoción do portugués en Asia

O Instituto Portugués de Oriente (IPOR, polas súas siglas en portugués) celebrará un encontro en Macau que contribuirá á promoción do ensino da lingua portuguesa en Asia.

Fonte: Notícias ao Minuto

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder